Segundo os últimos datos do o Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro, uns 563.000 galegos residen no exterior, o que supón algo máis do 20% da poboación total. O 7,04% deles, uns 191.552, están na Arxentina. Para coñecer as características desta nova realidade falaremos con responsables do ámbito político, social, cultural e asociativo e con aqueles sectores involucrados na edificación desta nova demografía. Persoas que conviven coas súas identidades rexionais e nacionalidades de orixe e as que adquiren por residencia ou adopción. Varias capas de identidade, cultura, dereitos cívicos e sociais. Os fillos ou netos de galegos de algunha rexión arxentina que tamén forma parte do Mercosur e atesoran ao tempo a identidade galega, a española e a europea.
Nesta serie que hoxe comezamos a primeira entrevista é coa eurodeputada Ana Miranda Paz, que vistiou Buenos Aires para participar do día Nacional pola Memoria, Verdade e Xustiza, que conmemora a data de inicio da última ditadura militar arxentina e os sanguinarios crimes que cometeu contra a poboación civil –entre os que houbo galegos- por razóns políticas con desaparicións, torturas e apropiación de nenos e bens coas armas do Estado e rematou nun xuízo histórico de condena aos mandos militares. A participación de Miranda nestas actividades, ademais de encontros con personalidades dos dereitos humanos e de entidades galegas, reflicten a natureza complexa e diversa dos seus representados.
¿Qué ves facer a Buenos Aires?
Veño á marcha pola memoria, verdade e xustiza do 24 de marzo, para encontros coas colectividades e con grupos progresistas dos deputados do Parlasur. Axenda con catro partes: galega, dereitos humanos e a loita contra a impunidade, e a relacionada coa política arxentina –a xeopolítica- e a parte mediática.
Que pensas das “novas cidadanías” que están a crearse logo da Lei de Memoria democrática?
Primero analizar que este é un dereito concedido precisamente por ampliación da lei de nacionalidade e de memoria democrática e, efectivamente, os cidadáns que teñan esa posibilidade están no seu dereito, pero pode ser só un dereito valeiro. Todos temos obrigas e dereitos e habería que incorporar eses novos cidadáns non só como números electorais, o que parece que pasa moitas veces para moitos gobernos, que se teña en conta que también está na responsabilidade de quen adquira esa nacionalidade qué quere facer, se quere volver, claro que en nalgún caso non é retornar porque nunca estivo alí, porque esa é a diferencia.
Creo que os gobernos e as organizacións políticas temos que facer unha reflexión profunda porque vai ser un fenómeno que cambia totalmente o que pasou ata agora. Posiblemente sexa o número de incorporacións á nacionalidade máis grande dos últimos 30 años e que pode condicionar tamén a política gallega.
Entón temos que facer unha reflexión non refractaria de para que veñen, para qué queren votar ou para qué queren participar, senon que facemos con estes dereitos desta xente. Hai que debatilo, reflexionalo.
Vai máis alá do electoral, é participación política e social que levamos defendendo de sempre. Non tan electoralista máis conservador, clientelar.
O mundo está cambiando. Aquí tería que haber uns servicios consulares maiores. No caso galego, máis programas culturais, de asistencia, máis como está este país neste momento. Tería que haber programas para a mocidade, culturais, de cine, de teatro, de lingua, de todo o que se está facendo a pulmón polos centros, pero que tería que habelo de forma pública.
E logo unha colaboración bilateral. Nós somos a principal comunidade de Arxentina e este é o país que máis galegos novos vai aportar. E eu creo que merece unha reflexión profunda, incluso unha comisión específica do parlamento galego. Porque Buenos Aires é a cidade máis grande, máis que A Coruña e Vigo xuntas. Si que é interesante crear unha comisión de estudio. Saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados: o Consello Xeral da Emigración, nin tampouco os Consellos de residentes. Seguramente habería que reformar tamén iso e ter sistemas máis inlcusivos e representativos formados pola sociedade civil, polo asociacionismo.

