Poñamos aínda algún exemplo máis, só algún, do que Galicia está a perder por non considerar unha estratexia de aproximación a este universo: o audiovisual galego perdeuse o Imargens, festival lusófono de cinema que tivo lugar en Cabo Verde no pasado mes de decembro; os empresarios galegos probabelmente se perderán un interesante encontro entre empresarios chineses e empresarios de toda a Lusofonía que terá lugar en Lisboa nos próximos 10 e 11 de abril; a selección galega de fútbol e outras que poderían ser creadas probabelmente se perderán os primeiros Jogos da Lusofonía, que decorrerán en Macau no próximo mes de agosto e que incluirán: Atletismo, Baloncesto, Tenis de mesa, Voleibol de praia, Taekwondo, Fútbol Sala e Fútbol. Tendo en conta que este último deporte contará tamén con seleccións de Brasil, Portugal e Angola, países de primeiro nivel mundial.
A diversificación dos nosos mercados exteriores é unha cuestión estratéxica esencial para a economía galega, tanto máis canto as taxas de crecemento do mercado europeo presenta síntomas de estancamento dende hai anos. Nesa perspectiva, non deberiamos descoidar a atención a eses escenarios xeográficos nos que a facilidade lingüística, como facemos con aquela parte do mundo que se expresa en lingua castelá, pode axudarnos a penetrar máis doadamente. É esta facilidade de entendemento lingüístico, esencialmente, a que aproxima e abre a Galicia un mundo de posibilidades nos territorios de lingua portuguesa.
Poñamos cifras na mesa. A Lusofonía representa máis de 222 millóns de persoas no mundo e manexa aproximadamente a 50ª parte do PIB mundial. O PIB lusófono creceu, atendendo aos datos do Banco Mundial, a un ritmo medio de 4% entre 2000 e 2004, con Mozambique e Angola como puntas de lanza, con crecementos medios de 7,36% e 7,03% respectivamente durante ese período. Constitúe, pois, un mercado considerábel con perspectivas de crecemento notábeis que chegan mesmo a ser espectaculares: segundo publicaba o xornal portugués Público o pasado 9 de febreiro na súa versión electrónica, espérase que o crecemento de Angola durante o 2006 se sitúe arredor do 20%!
Na Lusofonía está Brasil, economía emerxente con espectacular potencial que, entre outras cousas, podería vir a ser o principal produtor mundial de bio-combustíbeis, substitutos limpos e renovábeis do petróleo, segundo ten aseverado o propio presidente Lula. Na Lusofonía está Angola, segundo maior produtor de petróleo da África Subsahariana. Na Lusofonía está Macau, porta de entrada para a China, nin máis nin menos. Na Lusofonía está Mozambique, país co maior crecemento mundial do turismo no ano 2005 segundo a Organización Mundial do Turismo, tendo ultrapasado o número de visitantes do 2004 en 37%.
A Lusofonía é costa, quilómetros e quilómetros de costa para os nosos mariñeiros e armadores. "Da minha lingua vê-se o mar" dicía o escritor portugués Vergílio Ferreira. A Lusofonía é necesidade de edificios, de estradas, de universidades, de tecnoloxía, de coñecementos técnicos do máis diverso tipo... para os nosos empresarios e profesionais especializados. A Lusofonía é tamén necesidade básica, de comida, de bebida, de medicina... para a nosa cooperación ao desenvolvemento. A Lusofonía é actividade cultural intensa e heteroxénea coa que nos enriquecer, e tamén mercado cultural para os nosos artistas: escritores, músicos, pintores... A Lusofonía é paraíso para o lecer e para o noso descanso: as praias caboverdianas, en permanente verán, con temperaturas ambientais entre 20ºC e 25ºC e temperaturas da auga entre os 21ºC e os 25ºC durante todo o ano; o Centro Histórico de Macau, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2005; o espectacular carnaval brasileiro...
Poñamos aínda algún exemplo máis, só algún, do que Galicia está a perder por non considerar unha estratexia de aproximación a este universo: o audiovisual galego perdeuse o Imargens, festival lusófono de cinema que tivo lugar en Cabo Verde no pasado mes de decembro; os empresarios galegos probabelmente se perderán un interesante encontro entre empresarios chineses e empresarios de toda a Lusofonía que terá lugar en Lisboa nos próximos 10 e 11 de abril; a selección galega de fútbol e outras que poderían ser creadas probabelmente se perderán os primeiros Jogos da Lusofonía, que decorrerán en Macau no próximo mes de agosto e que incluirán: Atletismo, Baloncesto, Tenis de mesa, Voleibol de praia, Taekwondo, Fútbol Sala e Fútbol. Tendo en conta que este último deporte contará tamén con seleccións de Brasil, Portugal e Angola, países de primeiro nivel mundial.
Galicia ten, en fin, practicamente as mesmas posibilidades de aproveitamento da Lusofonía que pode ter calquera país lusófono. Con dúas vantaxes que a fan única na Lusofonía e que lle poderían abrir, quizá, máis portas que aos demais países: Galicia é un país desenvolvido e Galicia non foi a metrópole imperial da Lusofonía.
País | Superficie | Poboación | PIB | PIB | % PIB | Taxa | IdH |
(km2) | total | (millóns dólares) | per cápita (dólares) | mundial | crece | (1) | |
Angola | 1.246.700,0 | 13..000 | 13.189 | 976,96 | 0,0400 | 10,0% | 0,445 |
Brasil | 8.547.400,0 | 176..000 | 492.338 | 2.787,87 | 1,3500 | 5,3% | 0,792 |
Cabo Verde | 4.033,0 | 446.000 | 797 | 1.787,00 | 0,0020 | 5,3% | 0,721 |
Guiné Bissau | 36.120,0 | 1..000 | 239 | 159,33 | 0,0010 | -1,2% | 0,348 |
Macau(2) | 27,5 | 465.000 | 10.358 | 22.275,00 | 0,0300 | 28,6% | 0,904 |
Moçambique | 801.590,0 | 18..000 | 4.321 | 229,84 | 0,0100 | 8,4% | 0,379 |
Portugal | 91.980,0 | 10.400.000 | 147.899 | 14.221,06 | 0,4000 | 1,4% | 0,904 |
São Tomé e Príncipe | 1.001,0 | 187.410 | 59 | 314,82 | 0,0002 | 4,5% | 0,604 |
Timor-Leste | 15.007,0 | 953.000 | 341 | 357,82 | 0,0010 | -3,1% | 0,513 |
Totais | 10.743.858,5 | 222.851.410 | 669.541 |
| 1,8342 |
|
|
(1) Os datos relativos ao IDH foron extraídos do sitio web Human Development Reports (última visita: 13/01/2006), excepto no caso do IdH de Macau.
(2) Os datos relativos a Macau foron extraídos do sitio web da Direcção dos Serviços de Estadística e Censos de Macau (última visita: 13/01/2006). Nalgún caso (PIB, PIB per cápita, Porcentaxe do PIB mundial), a fin de facer equiparables os datos de Macau cos dos demais países foi necesario realizar cálculos propios a partir dos fornecidos no sitio web.