O cambio de Al Qaeda

Apartados xeográficos Asia ARCHIVE
Idiomas Galego

Algo semella estar cambiando no seo de Al Qaeda. O núcleo dirixente central da organización terrorista, encabezado por Osama bin Laden e o seu “cerebro operativo”, o exipcio Ayman al-Zawahiri, está aplicando un novo tipo de estratexia que ten polo momento Iraq como peza central, mentres establece un novo tipo de relación con numerosos grupos terroristas islámicos noutras rexións. A razón obedece a que Al Qaeda é consciente de que perdeu boa parte da súa capacidade e operatividade global e, polo tanto, debe adecuarse a unha nova estratexia.

Dous novos acontecementos dan a entender por onde apuntan os tiros. Documentos obtidos recentemente pola CIA en Iraq demostran que o país árabe converteuse nun novo campo de batalla para a Jihad islámica e os grupos asociados ou non a Al Qaeda. Un dos documentos máis reveladores atopouse trala captura en Iraq, por parte das milicias kurdas, de Hassan Ghul, cidadán paquistaní sospeitoso de ser utilizado por Al Qaeda como mensaxeiro. Ghul levaba consigo CDs e cintas de video cun novo mensaxe do líder terrorista para os militantes nese país.

Oficiais militares estadounidenses cren que tras esta nova estratexia do terror en Iraq se atopa Abu Musam Zarqawi, un xordano de 37 anos ex combatente en Afganistán, que tería sido encomendado por bin Laden e al-Zawahiri para provocar unha “guerra civil e sectaria” entre as diversas faccións étnicas e relixiosas en Iraq, especialmente entre as comunidades chiíta e sunní. É por iso que nos últimos meses poidose cuantifica-la entrada a Iraq de diversos combatentes da Jihad provintes de campos de entrenamiento en Filipinas, Cachemira e o oeste africano. De acordo a fontes militares nos EEUU e Europa, al-Zarqawi tería reclutado entre 1.500 e 2.000 militantes dende Chechenia e Asia Central con destino a Iraq, coa finalidade de comete-los ataques suicidas.

Se ben isto revelaría a definitiva presencia de Al Qaeda en Iraq como lugar onde lanzar unha estratexia no longo prazo da Jihad contra Occidente, non constitúe unha evidencia de ningún tipo de vencellamento entre Al Qaeda e o extinto rexime de Saddam Hussein.

A outra revelación recente sobre os planes de Al Qaeda veñen do último video enviado pola organización, na que por primeira vez aparece o “número 2”, Aywam al Zawahiri. No devandito comunicado, ameaza novamente ós EEUU con “outro 11/S” e condena a decisión do goberno francés de prohibi-lo velo nas escolas públicas, feito este último que revelaría posibles atentados terroristas en Europa.

A nova realidade do panorama internacional obriga a Al Qaeda a adaptarse ó feito de contribuir coa proliferación dunha ducia de grupos terroristas e militantes islámicos que están obtendo fortaleza no sureste asiático, Asia Central, o Cáucaso, norte de África e Europa, lugares onde a organización terrorista posúe preto de 40 grupos afiliados, de acordo a un recente informe da ONU. Se ben isto non quere dicir que os novos grupos terroristas estean vencellados directamente a Al Qaeda ou dependan dela, podería especularse que están buscando concertar alianzas estratéxicas entre eles a fin de obter diñeiro e apoio loxístico, coa consiguinte complicación para as autoridades estadounidenses á hora de identificar ós novos axentes do terrorismo.

Mentres Afganistán tenta dotarse dun goberno estable e Washington reforza a súa posición apoiando militarmente ós reximes dictatoriais veciños, a gran preocupación do goberno de George W. Bush é a posibilidade de que grupos terroristas obteñan material nuclear e químico, para realizar ataques terroristas nos EEUU e Europa. Esta preocupación fíxoa pública Bush recentemente, un discurso nunha academia militar.

Para Washington, o perigo de que Al Qaeda uo outros grupos xa tengan material radiactivo con capacidade para descargar “bombas sucias”, é unha realidade cada vez máis latente, polo que ve urxente concretar solucións definitivas ó problema da proliferación de armas de destrucción masiva en países como Corea del Norte, Libia e Irán, así como entre a India e Pakistán. Con Libia e Irán lograronse avances históricos nos últimos dos meses, mentres a actual etapa de concordia entre India e Pakistán abre unha nova posibilidade de solución ó conflicto no sub-continente indio.

O problema para Washington segue sendo, a nivel xeopolítico, os avances de Corea do Norte en materia nuclear, e a nivel de seguridade, a posibilidade de que grupos terroristas e “jihadistas” desestabilicen a situación entre a India e Pakistán. É por iso que a fronteira afgano-paquistaní está ocupando actualmente a atención do Pentágono á hora de planificar, nas próximas semanas, a caza de Osama bin Laden e membros de Al Qaeda e o extinto rexime talibán. Neste sentido, a presión sobre o goberno paquistaní de Pervez Musharraf aumenta considerablemente, así como a percepción en Washington de que Pakistán, o único país musulmán con armamento nuclear, se está a corverter nun problema polo auxe do fundamentalismo islámico e as revelacións do xefe do programa nuclear paquistaní de cooperar nesa materia con Irán, Libia e Corea do Norte. Daquela que Washington se asegurara a alianza coa India en caso de que Pakistán se vexa sumido no caos ou se desintegre.