O escudo antimísiles consiste nunha serie de instalacións con radares e mísiles interceptores que, a día de hoxe, se situarían nos EUA, na Groenlandia do Reino da Dinamarca, no Reino Unido, Romanía e, quizá, Bulgaria. Ademais, serán usados interceptores baseados en barcos da mariña dos EUA.

O escudo antimísiles pon en perigo o novo START

O pasado 26 de abril anunciábase que, após unha conversación telefónica entre Obama e Medvedev, os EUA e máis Rusia tiñan xa cociñado un novo Tratado para a Redución de Armas Estratéxicas ou START, polas súas siglas en inglés. Un documento que virá a substituír o seu homónimo de 1991, asinado na altura por George H. Bush e Mikhail Gorbachev, e cuxa vixencia expirou o pasado mes de decembro.

Apartados xeográficos United States
Idiomas Galego

O pasado 26 de abril anunciábase que, após unha conversación telefónica entre Obama e Medvedev, os EUA e máis Rusia tiñan xa cociñado un novo Tratado para a Redución de Armas Estratéxicas ou START, polas súas siglas en inglés. Un documento que virá a substituír o seu homónimo de 1991, asinado na altura por George H. Bush e Mikhail Gorbachev, e cuxa vixencia expirou o pasado mes de decembro.

Os Presidentes asinarán o tratado o próximo 8 de abril na capital da República Checa, Praga, e, despois, será a vez do Congreso dos EUA e máis a Duma rusa, que deberán decidir se ratificar ou non o texto. No momento da escrita destas liñas aínda son confusas as informacións en relación aos extremos precisos do tratado. No entanto, todo parece apuntar a un documento máis completo e restritivo do que o seu predecesor, polo que de saír adiante haberá de ser avaliado como un paso á fronte máis, insuficiente pero positivo, dos dous Estados máis poderosos do mundo en materia nuclear.

O escudo antimísiles consiste nunha serie de instalacións con radares e mísiles interceptores que, a día de hoxe, se situarían nos EUA, na Groenlandia do Reino da Dinamarca, no Reino Unido, Romanía e, quizá, Bulgaria. Ademais, serán usados interceptores baseados en barcos da mariña dos EUA.Para moitas e moitos analistas e para a Casa Branca, o novo START supón un novo suceso de primeira magnitude para a administración Obama, ao ser proba firme e inexorable do alcance dun dos compromisos fundamentais adquiridos ao pouco de chegar ao escritorio Oval: o recomezo das relacións co Kremlin, moi danadas durante a administración precedente. Con todo, existe un punto moi escuro que pode traer problemas para a entrada en vigor do START e, moito máis que iso, para as futuras relacións entre a Casa Branca e o Kremlin e a seguranza internacional.

Ese obstáculo fundamental é o escudo antimísiles, concibido polo goberno de Bush e, con alteracións, continuado por Obama. Segundo pronunciamentos de representantes do goberno estadounidense posteriores ao anuncio do acordo, o novo START non será obstáculo algún para implementar o novo sistema defensivo, mentres que o Kremlin continúa a entender que o novo texto condiciona tales plans.

A Casa Branca actual prevé implementar o escudo antimísiles en 2011 e, en diferentes fases, perfeccionalo até 2020, utilizando instalacións con radares e mísiles interceptores que, a día de hoxe, se situarían en: Alaska e California nos EUA, Greenland na Groenlandia do Reino da Dinamarca, Fylingdales no Reino Unido, algún lugar aínda por determinar da Romanía e, quizá, tamén na Bulgaria. Ademais, serán usados interceptores baseados en barcos da mariña dos EUA.

Os rusos perciben, segundo aseveraba recentemente o seu Xefe do Estado Maior, Nikolay Makarov, que o escudo antimísiles ten como obxectivo fundamental defender os EUA e os seus aliados preferidos (na medida en que Rusia é hoxe tamén aliado, en teoría) de Rusia e, en todo o caso, que un tal sistema coloca os EUA nunha posición de preeminencia militar intolerable.

Como consecuencia, comeza a percibirse un nerviosismo altamente preocupante entre analistas e a clase política rusa. Aparecen referencias a unha posible nova carreira de armamentos de todo tipo, que será segura para algúns, no caso de que os plans do escudo antimísiles continúen adiante nos termos actualmente previstos. E non falta quen apunte a hipótese, polo momento só con intención de que os estadounidenses poidan entender mellor a súa posición, da instalación de mísiles defensivos en países amigos, como Venezuela.

Se o escudo antimísiles continúa adiante, o novo START non entrará en vigor ou, de facelo, servirá de pouco.