belfast ira mural bobby sands01

O reto norirlandés

Apartados xeográficos Nationalisms ARCHIVE
Idiomas Galego
 Mural sobre Bobby Sands en Belfast, clic para aumentar
O informe da Independent Monitoring Commission (IMC) veu acompañado do comunicado do 28 de xullo, no que o IRA propoñíase o abandono de toda forma de violencia, que se cumpriu efectivamente ata o momento. (Foto: Mural en Belfast conmemorativo de Bobby Sands, membro do IRA Provisional que morreu na prisión de Maze, en folga de fame, o 5 de maio de 1981).
 

Na busca dunha solución á problemática terrorista de Irlanda do Norte, a comisión de seguimento que promove a paz e a estabilidade na zona -a Independent Monitoring Commission (IMC)-, emitiu un informe favorable, previo ó que se fará público en xaneiro, no tocante ó comportamento e ós niveis de violencia atribuídos ó IRA nos seis meses previos a agosto 2005. Os resultados son francamente esperanzadores, e poñen de manifesto a capacidade do IRA de someter a conducta dos seus membros ó liderazgo da organización, e de comprometerse co proceso de paz, o que vai en detrimento da imaxe dos paramilitares unionistas. Alén diso, o informe veu acompañado do comunicado do 28 de xullo, no que o IRA propoñíase o abandono de toda forma de violencia, que se cumpriu efectivamente ata o momento.

Non obstante, o máis preocupante do informe do IMC, non ten que ver coa actuación dos republicanos do IRA, senón, indirectamente, coa denuncia de que a violencia exercida provén dos paramilitares unionistas probritánicos, que cargan ás súas costas co 90 % dos asasinatos dos últimos seis meses, dobrando en actos violentos ós paramilitares republicanos no que vai de ano (25 contra 50). Polo visto, os paramilitares unionistas son os máis propensos a cometer actos violentos e vandálicos, ademais de accións de contrabando e narcotráfico. Segundo a CIA, os golpes asestados por unionistas incrementáronse nun 38%, mentres que a violencia organizada polos republicanos descendeu un 40% nestes meses. O Ulster Volunteer Force (UVF), a forza unionista máis sanguinaria, e a Loyalist Volunteer Force (LVF), nacida da anterior, pretenden controlar as comunidades e o tráfico de drogas, e o Ulster Defence Association (UDA) e o UVF, están acusados de provocar as liortas de setembro último. Obviamente, a acollida deste informe por parte dos unionistas foi francamente fría. O IRA cumpriu co acordado en xullo, e propón un esperanzador panorama, danando a imaxe dos unionistas e forzando ós seus dirixentes a achegarse ó compromiso pola paz e a estabilidade.

O IMC afirma centrarse por igual nas actuacións de unionistas e republicanos, aínda que iso non parece de todo certo. O informe centrase primordialmente na actividade do IRA, e só a disciplina desta organización aténdose á liña marcada no comunicado do 28 de xullo, pon en evidencia os números que denuncian os actos violentos queveñen do outro bando. Nembargantes, o IMC é quen de identificar correctamente a raíz do problema. O crime organizado está detrás de toda esta parafernalia. Mentres as organizacións paramilitares sexan capaces de recadar fondos a partir de actividades ilícitas, e autofinanciarse desta maneira, as comunidades seguirán intimidadas, recortándose as posibilidades de crecemento e establecemento da paz. E, por tanto, persistirá o conflito. As actividades ilícitas sobre as que se fundamentan as organizacións paramilitares son basicamente, o tráfico de drogas e de tabaco. E aquí, son os corpos de seguridade os que xogan un rol esencial. Se os fondos económicos que promoven a violencia desaparecen, e se a actividade do IRA cesa, crearase un clima de confianza que dificultará a resposta negativa das organizacións e políticos unionistas, na súa teima de oporse ó diálogo cos republicanos.

Peter Hain, o secretario norirlandés, e o ministro de asuntos exteriores irlandés, Dermot Ahern, teñen previsto un conxunto de xuntanzas coas partes para endereitar as diferenzas políticas que os dividen, e avógase ademais, por restaurar a Asemblea e o Executivo compartido que dirixía o destino de Irlanda do Norte. O Sinn Fein debe formar parte do equipo de goberno norirlandés como resposta ó compromiso pola paz. Agora, despois da reacción positiva por parte do IRA, todo parece depender da eficacia policial no desmantelamento das redes tecidas polos paramilitares unionistas, e do compromiso coa paz dos políticos e organizacións leais a Londres.