20080401 paris francois fillon

Os franceses están tristes

Apartados xeográficos Europe ARCHIVE
Idiomas Galego
 François Fillon; clic para aumentar
Semella que se está facendo unha alusión directa ao que manifestou François Fillon (na foto): "¿Por que "dixo" Francia resiste mellor hoxe? Xustamente porque nós votamos o paquete fiscal este verán, o que mantén a demanda. Os nove mil millóns que inxectamos na economía póñennos a cuberto".
 

Iso é o que di M.GR. en Liberation do día 29 de marzo. Unha tristura que mina a moral das familias despois de coñecer as cifras de crecemento máis baixas do previsto e logo de comprobar o deterioro dos déficits. Un índice que continúa degradándose en marzo e caendo ao seu máis baixo nivel histórico.

Dísenos tamén que o indicador que mide a moral dos fogares recuou un punto en febreiro e que non son optimistas sobre as perspectivas de evolución do seu nivel de vida, polo que se vai aprazando a oportunidade de facer compras importantes.

Pero o Goberno difunde a mensaxe de que Francia resiste a crise mellor que outros países e que a economía non vai tan mal. Algo que, conclúe o articulista, pode comezar a soar un pouco falso.

Semella que se está facendo unha alusión directa ao que manifestou François Fillon: "¿Por que "dixo" Francia resiste mellor hoxe? Xustamente porque nós votamos o paquete fiscal este verán, o que mantén a demanda. Os nove mil millóns que inxectamos na economía póñennos a cuberto".

Pero o estancamento da economía impide ao Goberno volver sobre algunhas das súas promesas, como sinala o mesmo xornal o día 27. E isto é o que proe nos fogares franceses, que, ademais, ven que o Sr. Sarkozy segue mergullado no seu narcisismo patolóxico (o diagnóstico é do psiquiatra Serge Hefez), para esquecerse dos problemas, distraéndose con actos como os recentes de Londres ou como o da liberación de Ingrid Betancourt, máis próximos a aquela patoloxía.

Teñen toda a razón os franceses para estaren tristes.