Rexionalización e Hexemonía negociada en Asia Central

Dende a caída da Unión Soviética foise establecendo unha tendencia consistente na  rexionalización da política mundial, este proceso “foi creando oportunidades para que os novos poderes rexionais desenvolvan as capacidades para a proxección do seu poder[1] mediante os acordos cas grandes potencias. A realidade mostra que Asia Central converteuse  nunha rexión moi atractiva, non so nos discursos, tamén debido á gran cantidade de acordos e tratados que se pactaron neste territorio. Pero é preciso coñecer as premisas que están guiando ós diferentes estados que queren exercer a súa influencia na rexión.

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Russia
Palabras chave Galicia Rusia internacional
Idiomas Galego

Dende a caída da Unión Soviética foise establecendo unha tendencia consistente na  rexionalización da política mundial, este proceso “foi creando oportunidades para que os novos poderes rexionais desenvolvan as capacidades para a proxección do seu poder[1] mediante os acordos cas grandes potencias. A realidade mostra que Asia Central converteuse  nunha rexión moi atractiva, non so nos discursos, tamén debido á gran cantidade de acordos e tratados que se pactaron neste territorio. Pero é preciso coñecer as premisas que están guiando ós diferentes estados que queren exercer a súa influencia na rexión.

Rusia segue sendo a garante da seguridade na rexión mentres continúa tratando de compoñer un estatus de poder rexional que lle sirva como plataforma para  chegar a ser un poder global[2]. Ademais, Moscova logrou realizar importantes acordos en materia de seguridade como a Organización de Seguridade Colectiva que se constituíu coma o mecanismo ruso para establecer a súa influencia. Tal e como se menciona no artigo 17 desta organización, segundo el cal o secretariado da organización estará composta en función da aportación que os estados membros fagan, sendo Rusia o socio que aporta máis do 50%[3].

O desenvolvemento dos acordos internacionais é o mecanismo mediante o cal se busca a transición a un modelo multipolar por parte de Moscova. Rusia ten certas vantaxes coma o uso do seu idioma coma lingua franca e hai que ter en conta que o seu concepto de identidade ten importantes vinculacións xeográficas, de aí a diferenza entre o estranxeiro próximo e o afastado establecido na súa doutrina de política exterior. Calquera intervención na rexión será considerada un asunto propio da Federación Rusa.

Tras os acontecementos en Ucraína os executivos centroasiáticos miran cara Rusia con recelo á vez que tratan de potenciar as súas propias identidades nacionais ante o temor dunha posible anexión de parte do seus territorios. Un exemplo claro é a latinización do alfabeto en Kazaxistán e Uzbekistán.

As tendencias imperativas do neoconservadurismo estadounidense, teorizadas en gran medida por  Francis Fukuyama e o seu ensaio o “Fin de la Historia”, ou os Choques de civilizacións de Huntington, entran en pugna agora cos discursos sobre a multipolaridade de outros estados agrupados baixo a “asociación de autócratas”[4] de Kagan, aludindo a China e a Rusia, principalmente.

As orixes desta importante visión da relación estadounidense ca sociedade internacional xurde no contexto da Guerra Fría, o cal permite comprender unha lóxica presente durante algunhas décadas na política exterior norteamericana: a ideoloxización da súa proxección exterior, baseada no poderío militar e o concepto da “moral clarity”.  O seus sistema de valores “cómo guía fundamental da política exterior estadounidense para salvagardar e estender  o seus valores, logran a vitoria frnte ao seus inimigos e prevalecer como a mellor nación do mundo”[5]. Esta práctica non foi unha guía totalmente eficaz, a situación internacional é moi diferente a da Guerra Fría e demostrouse que os parámetros morais de Estados Unidos non teñen por qué ser necesariamente universais. Neste punto o especialista americano, Stephen Blank, sinala que os líderes centroasiáticos non teñen por qué ser os desexables e a pesar disto o goberno americano debe saber negociar, o que podería ser unha alusión  á eliminación da “moral clarity”  que podería conlevar ó cambio das bases teóricas nas relacións exteriores de Estados Unidos e os países centroasiáticos.

Pola súa parte China potencia o pragmatismo coa súa política do win-win, afastándose de discursos moralistas e tratando de chegar a acordos beneficiosos para ambas partes, sen necesidade de facer inxerencias na política interna dos estados, aínda que garantizando unha certa influencia nos seus movementos políticos dentro da sociedade internacional.

As cinco Repúblicas de Asia Central son as protagonistas na pugna pola influencia rexional de potencias externas. Aínda que a denominación de esferas de influencia teñen reminiscencias do século XIX, non ten por qué ser un concepto desfasado, moi ao contrario, as novas esferas de influencia sostense baixo unha “hexemonía negociada” que é “unha hexemonía circunscrita a un territorio e onde se cheega a acordos cos estados más débiles e “influenciados” pero que xogan un papel activo na determinación do seu grado de lexitimidade e influencia, dunha maneira voluntaria e acordada, a través das súas prerrogativas soberanas (…) estas esferas de influencia poden chegar a ser características da sociedade internacional contemporánea” [6]  Esta hexemonía debe estar aceptada a nivel internacional y rexional e non hai que esquecer que a influencia tamén pode concretarse dende o país influenciado cara o estado que trata de exercer a influencia.

En Asia Central hai mostras para tratar de garantizar certa coherencia e independencia rexional en relación ás grandes potencias mediante políticas multivectoriais, coma é o caso de Kazaxistán, un país que está tratando de manter o equilibrio entre Rusia, China, Estados Unidos, Turquía... Os líderes deses países centroasiáticos son conscientes de que esta estratexia das esferas de influencia é un mecanismo válido para conseguir os seus propios beneficios políticos e aumentar a súa influencia rexional. Un exemplo disto foron os últimos encontros entre Trump e Mirziyoyev, o presidente de Uzbekistán. Nunha reunión entre ambos, o presidente estadounidense regaloulle ao estado uzbeko  varios vehículos militares blindados, a parte do establecemento dunha sólida colaboración que podería dar vantaxes a Dushanbé para alcanzar o liderado rexional. O presidente uzbeko, Mirziyoyev, é consciente de que ten un papel protagonista no desenvolvemento das estruturas de influencia das potencias exteriores e parece disposto a empregalo no seu propio beneficio. Taxikistán y Kirguistán mantéñense na órbita rusa, xa que ambos albergan bases militares da Federación Rusa nos seus territorios nacionais.

Nos niveles, rexionais e internacionais, hai continuos movementos, e aínda que as repúblicas centroasiáticas gozan de certa estabilidade, tamén ostentan grandes problemáticas internas e rexionais que poden xogar na súa  contra se non calibran ben os equilibrios entre as aspiracións que as grandes potencias están ideando no  seu territorio. Proxectos  que son excluíntes nalgúns casos.


[1] Costa Buranelli, Filippo: “Spheres of Influence as Negotiated Hegemony- The Case Of Central Asia”, en: Geopolitics, Diciembre de 2017, p.2

[2] Tsygankov, A: “Preserving influence in a changing world” en: Problems of Post-Communism, nº58, vol. 2 , 2011

[3] Víd: Organizatsiya Dogovora o Kollektivnoy Bezopasnosti (Организация Договора о  Коллективной Безопасности) disponible en:  http://odkb-csto.org/countries/russia.php

[4] Kagan, Robert : El retorno de la historia y el fin de los sueños, Taurus, Madrid, 2008, pp.85-124

[5]Iglesias Cavicchioli: “La Guerra Fría en el neoconservadurismo estadounidense: una influencia persistente” en: Revista de Estudios Políticos,nº172, 2016, p. 231

[6] Costa Buranelli, Filippo: “Spheres of Influence….”op.cit. p.4