“Terrorismo.com”

Apartados xeográficos Middle East ARCHIVE
Idiomas Galego
 Asentamento israelí en Amona, clic para aumentar
Asentamento israelí en Amona, clic para aumentar
Uns 3.000 manifestantes protestaron contra o derrubamento da pequena colonia, cunha violencia tal que a situación acadou o nivel de alerta 4, un punto menos do máis alto. É por iso que o exército israelí, con máis de 2.000 soldados e a policía, que superaba os 3.000, tiveron que empregar a forza para seren quen de devolver o asentamento á liberdade.
 

O termo terrorismo é definido, polo departamento de defensa dos Estados Unidos, como o uso ilícito da forza ou a violencia contra persoas ou propiedades, coa intención de intimidar a gobernos e sociedades, normalmente para acadar uns obxectivos políticos, relixiosos ou ideolóxicos. Segundo se desprende deste axioma, os actos de desmantelación do asentamento de Amona, en Cisxordania, non son vandálicos, senón terroristas, mentres a resposta islámica de boicotear os produtos daneses non parece axeitarse a ningún tipo de terrorismo.

Mentres o mundo se ocupa e preocupa pola situación que pode sufrir Oriente Medio, trala subida ao poder de Hamas, os problemas internos en Israel se exteriorizan con maior frecuencia. Así, ao tempo que se lle reprocha á sociedade musulmá que tome medidas vingativas contra Dinamarca, por caricaturizar ao profeta Mahoma, e mesmo é criticada e tachada de fanática, é o pobo veciño o que escandaliza á súa poboación con enfrontamentos armados.

Se ben a maioría da xente occidental é de crenza ou cultura cristiá, Oriente presenta un conglomerado de fes non sempre sinónimas do pensamento da beira Leste do mundo. Para as relixións que cren en Xesús, a representación deste ou, no caso da igrexa católica, dos santos e da virxe, son iconas habituais dos seus templos. No caso hebreo e musulmá é moi distinto. Tal é así que, para un xudeu é pecado entrar nunha igrexa católica, pois invita ao proselitismo e rebaixa a Deus a unha categoría corpórea, ao igualalo aos humanos. De feito, a entrada de Sharón á explanada das mesquitas, en Xerusalén, provocou a segunda Intifada. É por iso que, as protestas por parte dos crentes de Alá non sexan extremas senón adecuadas ao seu pensar místico.

Recollidos moitos dos carteis que presentaban aos diferentes grupos políticos, hoxe, as rúas palestinas están decoradas con pancartas que perseguen disuadir á xente de consumir produtos daneses. Esa é a súa censura, boicotear os artículos escandinavos por sentírense agredidos. Así, algúns carteis rezan que "destruirán as súas casas coas súas propias mans", significando que non serán eles, os mahometanos, quen de xulgar o mal provocado, senón o pecado, que os arruinará. Con todo, aínda que houbo protestas contra as ridiculizacións do profeta, non houbo posturas de enfrontamento ou vinganza, á parte desa loita contra manufacturas danesas.

E mentres nunhas zonas de Palestina se decoran muros, noutras se destrúen. Pero, se ben a decoración é un acto pacífico, a destrución leva á violencia. Emporiso, os actos do primeiro destes lugares son censurados como terroristas, e os segundos defendidos como demostracións de fe.

Actos provocados por un misticismo exacerbado produciron máis de 250 feridos no asentamento de Amona, ao norte de Xerusalén, e en territorio da Autoridade Palestina. A colonia, construída ilegalmente, incluso dende o punto de vista israelí, estaba constituída por nove casas que defenderon os seus habitantes usando a forza. Tan pronto como se soubo que o asentamento sería destruído, os líderes dos grupos de protesta mandaron aos alí reunidos que se subisen ás casas e defendesen o seu en nome do estado de Xudea. Deste xeito, uns sobre os edificios, outros rodeándoos e algúns impedindo a entrada das forzas de seguridade ao lugar, evitouse que o traballo de demolición acabase en pouco tempo e, aínda máis, que os hospitais se enchesen de feridos, algúns deles de gravidade.

Uns 3.000 manifestantes protestaron contra o derrubamento da pequena colonia, cunha violencia tal que a situación acadou o nivel de alerta 4, un punto menos do máis alto. É por iso que o exército israelí, con máis de 2.000 soldados e a policía, que superaba os 3.000, tiveron que empregar a forza para seren quen de devolver o asentamento á liberdade.

Xa a noite antes á evacuación, varios manifestantes pegaron a un palestino e queimaron varios coches nas aldeas próximas. Así mesmo, pincharon rodas e romperon as fiestras de distintos vehículos de prensa. E, ante a chegada do exército, lanzaron pedras, area, ovos, e mesmo os persuadiron de entrar batendo contra eles con paus. Así, máis de 250 feridos, 80 deles membros das forzas de seguridade "un deles grave, tras ser batido cun ladrillo", e unha cincuentena de detidos foi o saldo trala desocupación de Amona.

Entre os feridos están membros de partidos de ultradereita como Effie Eitam, do partido Nacional Relixioso, e Arieh Eldad, da Unión Nacional. Foi este último quen declarou que o primeiro ministro en funcións, Ehud Olmert, "está comezando o principio da fin do estado de Israel" e "está na procura de sangue para dar a impresión de ser un primeiro ministro forte". Seguindo esta liña de declaracións, Orit Caspi, unha das líderes do asentamento, argumentou que "o estado vén de declaran a guerra contra os seus cidadáns. É imposible existir neste país".

Olmert advertiu que esta situación non era aceptable e que non podía continuar. Mostrouse convencido de que as actividades organizadas foran realizadas por motivos políticos e apoiou a idea de seguir desmantelando o resto de asentamentos que estaban previstos. Nesta liña, Shalom Ahshav (Paz agora), grupo pacifista israelí, urxiu á evacuación inmediata dos 100 asentamentos de Cisxordania como resposta á violencia dos colonos e acabar así cun problema provocado por varios anos de anarquía. A estas declaracións, opóñense a dos partidarios de manter os asentamentos, que admiten que o exército de Israel xa non defende máis aos xudeus e por iso é necesario formar o exército de Xudea, ou que o goberno de Israel está máis achegado ao palestino que aos eu propio pobo.