En contra dos prognósticos pesimistas de tantos comentaristas políticos, a crise de goberno en Ucrania a raíz do voto de desconfianza emitido polo Parlamento a finais de abril contra o gabinete do reformista de orientación occidental, Yúschenko, durou soamente un mes. O martes pasado, o Parlamento (a Rada Suprema) confirmou a designación do presidente da asociación de industriais de Ucrania, Anatoli Kínakh, como novo primeiro ministro. Kínakh é membro do Partido Nacional-Demócrata, coñecido como "o partido do poder" que, sen reparo, apoia a política do réxime de Kuchma iñorando, as numerosas demandas de demisión do Presidente a raíz do escándalo da desaparición do periodista de oposición Gongadze, quen publicara materiais sobre falsificacións na campaña electoral de Kuchma.
As forzas de oposición que loitan contra o afortalamento do poder presidencial non lograron defender o goberno reformista de Yúschenko, que de feito era o primeiro goberno que se apoiaba na idea nacional ucraniana, segundo o líder do Movimento Popular "Rukh" , G. Udovenko. Ademáis, a crise desartellou a maioría parlamentaria socavando a influencia do poder lexislativo permitindo que o Presidente fortaleza as súas posicións. O novo Primeiro Ministro foi confirmado polo Parlamento gracias ao apoio dunha alianza coxuntural do centro, os oligarcas e os socialistas. As forzas de centro-dereita nacionalistas (o Movimento Popular "Rukh", el Movimento Popular Ucraniano "Rukh" e o Partido "Reformas e Orde") se automarxinaron do proceso debido a varias escisións e á decisión do congreso do Rukh de apoiar unicamente a Yúschenko. A última das forzas citadas mantense á marxe desa constelación política e persegue a criación dun bloque democrático menos matizado políticamente e co Presidente do Parlamento, I. Plusch, á fronte.
Aínda que o novo Primeiro Ministro prometeu continuar e afondar as reformas democráticas e de mercado, existen dúbidas importantes a respecto do inmediato futuro. En opinión dun dos líderes da oposición, Tarás Chornovil, o novo primeiro ministro é meramente un "home de palla" que debe probar as augas da política para templalas para outro candidato promovido por Kuchma, Serhy Tyhypko. Este é o candidato do Kremlin para suceder a Kuchma. "Os rusos queren un Primeiro Ministro xoven cunha imaxe de reformador e lazos estreitos coas esferas de influencia rusas", dixo Chornovil.
O líder do Partido Comunista Symonenko asegurou que o seu partido non tiña "alerxia" do novo presidente do goberno; sen embargo votaría por él se proclama o seu apoio ao programa do PC no parlamento donde ocupa 112 dos 450 escanos.
Paradoxalmente, a metade dos 20 membros do goberno de Yúschenko conservaron os seus postos, baluartes estratéxicos todos como son a economía, finanzas, xustiza, saúde pública, política agraria, traballo e politica social;tamén continúan nos seus postos os ministros do exterior, interior, da defensa e para situacións de emerxencia.
Non obstante, a posición do goberno na vida política experimentou cambios esenciais. O mesmo día que Anatoli Kínakh foi confirmado como Primeiro Ministro, o Presidente Kuchma designou por decreto os titulares das Secretarías de Estado que, na súa condición de máis altos funcionarios administrativos do ministerio, efectuarán a distribución dos fondos asignados a cada departamento, organizarán oficinas ministeriais rexionais e terán outras responsabilidades importantes. A designación desta troupe que dependerá directamente do Presidente reducirá as funcións do respectivo ministro como dirixente político a relacións públicas e parlamentarias.
Estas medidas permitirán a Kuchma exercer un control total do goberno e, segundo sinalaba un lexislador do Partido Socialista no periódico Kyiv Post, esencialmente significan un golpe de estado e a introducción da dictadura en Ucrania: "O Gabinete se convirte nunha estructura política con funcións pouco claras e a situación real de goberno do país quedará en mans das persoas designadas polo Presidente," asegurou.
A finais de xuño, a crise política pode adquirir un novo aspecto. Cando o pasado 28 de xuño de 1996 se aprobou a Constitución estableceuse un prazo de 5 anos para realizar unha reforma do poder xudicial. Por conseguinte deben expirar os poderes das actuais autoridades xudiciais porque o parlamento non aprobou leis fundamentais neste ámbito. Subordinado o poder executivo, limitada a influencia do lexislativo, o Presidente Kuchma pode acumular aínda máis poderes se os fundamentos lexislativos da autoridade xudicial se debilitan .