África : Apartado xeográfico

Artículos de opinión y análisis relacionados con África

Mugabe e a terra

Apartados xeográficos África ARCHIVE

Resulta en exceso simplista a interpretación de que os graves acontecementos de Zimbawe obedecen a intereses electoralistas do Presidente Mugabe. Dende que asumiu a máxima xefatura do país, hai xa vinte anos, manifestou unha exquisita preocupación por evitar que as rivalidades anteriores á independencia criasen obstáculos á construcción nacional. Mugabe sempre defendeu que a reactivación …

Mugabe e a terra Read More »

Cumio do Cairo: boas palabras, cativas promesas

Apartados xeográficos África ARCHIVE

Onte deron comezo, no capital exipcia, as sesións oficiais do Iº Cumio África-Europa, auspiciado pola OUA e a UE, con presencia dos dirixentes de 72 estados (15 europeos e 52 africanos). O documento final, preparado polos Ministros de Exteriores dos estados participantes, non insinúa ningún compromiso concreto nin no que atinxe a proxectos de cooperación …

Cumio do Cairo: boas palabras, cativas promesas Read More »

Os alxerianos apoian masivamente a Lei de Concordia Civil

Apartados xeográficos África ARCHIVE

Co contundente triunfo do si, preto do 99% dos votos, os alxerianos ratificaron en referendo a Lei de Concordia Civil, iniciativa do presidente Abdelaziz Buteflika xa aprobada pola Asemblea Nacional Popular. Por evidente que fose a victoria da proposta presidencial, a alta taxa de participación e o masivo apoio supoñen un enorme respaldo para o …

Os alxerianos apoian masivamente a Lei de Concordia Civil Read More »

No pasamento de Iulius Nierere

Apartados xeográficos ARCHIVE África

O pasado xoves faleceu en Londres, aos 77 anos, Iulius Nierere creador da actual República de Tanzania. Desaparece así un dos protagonistas do espertar de África durante a década dos sesenta, propulsor, xunto a outros dirixentes da África subsahariana do que se denominou “socialismo á africana” así como da unidade africana que se concretou na …

No pasamento de Iulius Nierere Read More »

Comeza a reunión da OUA en Tripoli

Apartados xeográficos África ARCHIVE

O luns seis comezaron as sesión da Organización para a Unidade Africana (OUA) en Tripoli. A reunión coincide co trinta aniversario do nacemento da República Árabe Libia. A comezos de xullo, a OUA xuntábase en Alxeria, con motivo doutra simbólica celebración, os 37 anos da independencia. As reunións da OUA nos países norteafricanos están relacionados, …

Comeza a reunión da OUA en Tripoli Read More »

Comeza a campaña do referendo en Alxeria

Apartados xeográficos África ARCHIVE

O próximo xoves iniciase a campaña do referendo sobre a Lei de Concordia Civil – iniciativa do presidente Abdelaziz Buteflika adoptada pola Asemblea Nacional Popular – que se celebrará o 16 de Setembro. O obxectivo do novo presidente alxeriano de pacificar o país sometido a unha cruel Guerra Civil que dura xa sete anos, non …

Comeza a campaña do referendo en Alxeria Read More »

Alxeria: unha porta á esperanza

Apartados xeográficos África ARCHIVE

Tres meses despois da súa elección, o presidente Buteflika anunciou un plano de reconciliación civil que remitiu á Asemblea Nacional Popular para o seu debate. Como adianto do mesmo o presidente concedeu un indulto aplicable aos membros dos grupos islamitas, mesmo posible para os integrantes de grupos armados que non teñan cometidos delictos de sangue. …

Alxeria: unha porta á esperanza Read More »

Sáhara occidental: A paz non admite demoras

Apartados xeográficos África ARCHIVE

Cun novo plan de paz baixo o brazo, a viaxe do Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, ós países do Magreb implicados na crise do Sahara Occidental, pretende desbloquear un conflicto que persiste dende hai xa máis de dúas décadas. Dende que en 1975 España asinou o Acordo Tripartito, a administración da colonia quedou …

Sáhara occidental: A paz non admite demoras Read More »

As crises de África

Apartados xeográficos África ARCHIVE

Para a África negra e seca non parece haber un lugar na luminosa orde mundial do microchip e dos múltiples canais de televisión. De Sudán a Congo, Somalia, Liberia ou Burundi, a sangría sen fin que predicira o historiador francés Charles de la Roncière estase a producir inexorablemente. Son crises longamente anunciadas. Nun estudio da …

As crises de África Read More »