Asia : Apartado xeográfico

Articles of opinion and analysis related to Asia

Viaxe oficial de Fumio Kishida a Canadá, 12 de xaneiro do 2023. Fonte: Oficina do Primeiro Ministro de Canadá.

Os retos de Xapón no 2023

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Asia

Reflexionando sobre o pasado, Xapón acadou estabilidade durante o goberno de Shinzo Abe, especialmente desde o seu segundo gabinete no 2012. A súa repentina dimisión como primeiro ministro en 2020 e o seu asasinato en 2022 marcaron un fito na historia de Xapón. Cara a onde se dirixe o Xapón na era posterior a Shinzo Abe?

Kevin McCarthy (medio) no Congreso en Washington, EUA o 6 de xaneiro (Foto: Xinhua Liu Jie)

O encrucillado taiwanés

Liñas de investigación Observatory of Chinese Politics
Apartados xeográficos Asia China and the Chinese world

Un dos temas clave na axenda dese cumio aprazado China-EUA debera ser o de Taiwán, a “liña vermella número un”, segundo a cualifican as autoridades chinesas. A falta dun compromiso na xestión deste contencioso pode condicionar integralmente as relacións bilaterais, que xustamente acadaron un dos seus niveis máis baixos dos últimos tempos trala visita da …

O encrucillado taiwanés Read More »

África Sub-Sahariana - M.Bitton Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0

La gobernabilidad en África Subsahariana, ¿una prioridad para la cooperación española?

Apartados xeográficos Asia

Los retos de la cooperación española en África subsahariana son muchos; poner a dicho continente como prioritario ha costado más de veinte años de cooperación, ahora no podemos obviar las críticas vertidas y debemos apostar por una cooperación cualitativamente diferente…

O Cumio de Samarcanda (Uzbequistán) celebrouse entre o 15 e o 17 de setembro do 2022

Samarcanda: Última sede da Organización de Cooperación de Shanghai

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Asia Asia

A Organización de Cooperación de Shanghai (OCS) fundada en abril de 1996 coma o Grupo do Cinco de Shanghai polos líderes de Rusia, China, Kazakhstán, Kirguizstán e Tadjikistán na mencionada cidade de China, asinaron entón un “Acordo sobre a construción da confianza no campo militar nas fronteiras”. Un ano despois en Moscova incorporaron o “Acordo …

Samarcanda: Última sede da Organización de Cooperación de Shanghai Read More »

Afganistán no mundo

Afganistán: da crise ignorada do campo á guerra sen armas

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Asia

Na historia recente de Afganistán, 2021 ocupará un lugar especial coa saída das tropas americanas e internacionais e a chegada ao poder dos talibán1 de novo. As imaxes de xente aferrada desesperadamente ao tren de aterraxe e despegue dun avión teñen visos de se converteren nunha icona histórica. Contarán a fin da ocupación estranxeira para uns; o fin da misión para outros.

Fonte; White House

Dos Xogos á Guerra

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Asia

Os Xogos de Inverno Beijing 20202 desenvolvéronse entre o 4 e o 20 de febreiro, nun ambiente enrarecido pola desigual xestión global da fase pandémica actual e a tensión na sociedade internacional coa crise entre Ucrania (e a OTAN) e Rusia. Tamén, o boicot diplomático dos USA aos Xogos, que durante o 2021 enredou á Unión Europea, xerou moitas expectativas no seguimento político ao macroevento deportivo, mais diluiuse no mediático así como a propia cita olímpica, polas tensións que acabaron coa invasión de Rusia a Ucraína, o 24 de febreiro. 

Imaxe: Creative Commons Kremlin.ru Imaxe: Creative Commons Kremlin.ru

A posición da India no conflito Rusia-Ucraína

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Asia

A guerra entre Rusia e Ucraína continúa sen solución á vista. Con esta guerra, o papel das institucións internacionais e as principais potencias está tamén no punto de mira. Agárdase que a India, como unha potencia importante no sur de Asia e unha potencia emerxente no mundo, tome unha posición decisiva neste conflito.

Ekuxei, día da lingua materna

Apartados xeográficos Asia

O 21 de febreiro de 1952 a lingua bangladesí converteuse en estandarte da liberdade e en catapulta da independencia da terra do bengalí, Bangladesh. Nesa altura, a multiplicidade de linguas do subcontinente indio estaba repartida en dous estados: India e Paquistán. Este último, dividido en dous territorios separados, apenas tiña na relixión un punto de …

Ekuxei, día da lingua materna Read More »