Candela IGADI

Fernández Pascual, Candela

Graduada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, LL.M en Dereito da Unión Europea por Radboud Universitet. Especializada en dereito dixital.


Artigos de Fernández Pascual, Candela

Bandeira da Unión Europea

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 10. Conclusión: Alcance real e límites do Efecto Bruxelas na IA

Apartados xeográficos Europe
Liñas de investigación International Relations European Union
A análise dos distintos ecosistemas regulatorios a nivel internacional demostra que o efecto Bruxelas non é un fenómeno universal nin automático, senón unha forza de intensidade variable que choca frontalmente cos intereses xeopolíticos das grandes potencias tecnolóxicas. O mapa global da gobernanza da IA divídese hoxe entre as rexións que asumen a necesidade dunha regulación baseada en dereitos e aquelas que priorizan a flexibilidade ou o control estatal.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 9. Galicia

Apartados xeográficos Europe
Liñas de investigación International Relations Paradiplomacy
Xa se indicou anteriormente que a aposta temperá de España polo desenvolvemento do RIA, materializada na creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), contrasta coa falta de aprobación, polo momento, da Lei para o bo uso e a gobernanza da IA que habilite un réxime sancionador efectivo. Esta circunstancia impide actualmente a imposición de sancións, aínda que a AESIA xa se atopa plenamente operativa e exerce funcións relevantes, como a colaboración nos sandboxes [entornos controlados de probas] ou actividades de alfabetización en IA.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación European Union International Relations
Mentres a UE optou por unha lexislación horizontal e exhaustiva co RIA, o Reino Unido decidiu trazar un camiño diverxente, apostando polo que denomina un “enfoque pro-innovación” (A Pro-Innovation Approach). Esta estratexia caracterízase, ata o momento, pola súa flexibilidade e pola ausencia de novas leis primarias ríxidas que abarquen todos os sectores, preferindo un modelo […]
Bandeira da Unión Europea

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 6. Europa (I): A Unión Europea

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations European Union
Ao analizar o continente europeo, destaca, como non podería ser doutro xeito, o Regulamento de Intelixencia Artificial (xa referido anteriormente como RIA), o 13 de xuño de 2024 polo Parlamento Europeo. Trátase, sen dúbida, da normativa máis coñecida e comentada a nivel internacional, non só polo seu carácter pioneiro e polo alcance ambicioso do proxecto, senón tamén pola vontade explícita da UE de crear un texto xuridicamente vinculante en materia de IA, coa finalidade de establecer un estándar global e provocar o coñecido efecto Bruxelas.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 5. América (II) Dereitos antes que velocidade: América Latina e a construción dunha IA garantista

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations European Union
Fronte á cautela —ou mesmo ao retroceso— observable en América do Norte, América Latina preséntase como un espazo particularmente receptivo aos estándares europeos en materia de gobernanza da IA. A combinación dunha forte tradición constitucional en dereitos fundamentais e dunha crecente preocupación polos impactos sociais da IA propiciou respostas normativas que, en certos casos, non só reproducen o modelo europeo, senón que o intensifican ou reinterpretan desde categorías xurídicas propias.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 4. América (I): A IA como arma xeopolítica: Estados Unidos e Canadá fronte ao dilema de regulamentación

Apartados xeográficos United States
Liñas de investigación International Relations
Tras analizar os modelos asiáticos, caracterizados por unha forte planificación estatal ou por estratexias graduais de gobernanza, o continente americano ofrece un contraste significativo. En particular, América do Norte amosa os límites do efecto Bruxelas cando entra en conflito con dinámicas federais complexas, prioridades xeopolíticas e unha concepción da IA como activo estratéxico de competencia global. Os casos de Estados Unidos (EE.UU) e Canadá resultan especialmente ilustrativos desta tensión entre liderado tecnolóxico e dificultade para consolidar marcos de regulamentación integrais.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 3. Asia (II): outros sistemas

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación European Union International Relations
Se China representa o modelo asiático máis centralizado e orientado á seguridade estatal, o resto do continente ofrece respostas moito máis heteroxéneas á gobernanza da IA. India, Xapón, Singapur e Vietnam exemplifican distintas estratexias que oscilan entre a transición cara a unha regulación vinculante e a aposta por modelos flexibles baseados en estándares, boas prácticas e integración normativa. Esta diversidade permite observar como Asia non presenta un modelo de regulamentación uniforme, senón un espazo de experimentación xurídica onde conviven enfoques graduais, híbridos e abertamente inspirados no modelo europeo.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 2. Asia (I): Unha ollada a China

Liñas de investigación International Relations
O continente asiático constitúe un punto de partida especialmente relevante para esta análise comparada arredor da normativa da IA, ao atoparse inmerso nun intenso proceso de transformación tecnolóxica. Asia alberga algunhas das industrias máis avanzadas en materia de IA, innovación dixital e automatización, o que a sitúa como un dos principais motores do desenvolvemento tecnolóxico a nivel global. Neste escenario, China destaca como o actor central da rexión polo seu liderado económico, industrial e normativo no ámbito da IA; con todo, non é o único país que merece atención. Estados como India, Singapur, Vietnam ou Xapón están a impulsar iniciativas significativas en materia de gobernanza e regulación da IA, configurando un mosaico normativo diverso e especialmente ilustrativo dos distintos enfoques que poden adoptarse fronte aos retos que esta tecnoloxía suscita.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 1. Introdución

Liñas de investigación International Relations
A expansión acelerada da intelixencia artificial (IA) superou definitivamente os argumentos que a presentaban como un freo á innovación; hoxe, o debate central xa non cuestiona se a tecnoloxía debe regularse, senón como deseñar marcos normativos que garantan os dereitos fundamentais sen afogar o desenvolvemento. Neste escenario de transformación tecnolóxica global, a Unión Europea deu un paso á fronte co seu Regulamento de Intelixencia Artificial (RIA), unha norma pioneira e vinculante que nace coa ambición explícita de establecer un estándar a nivel mundial.