Fernández Suárez, Belén

Belén Fernández Suárez é profesora titular de Socioloxía da Universidade da Coruña. É membro do Equipo de Investigación de Sociedades en Movemento (ESOMI). As súas liñas de investigación céntranse nas políticas migratorias, e especialmente, nas políticas de integración de inmigrantes. Participou como investigadora no proxecto de I+D+I (CSO2016-80158-R): “A nova emigración de España: perfís, estratexias de mobilidade e activismo político transnacional” –dirixido por Antía Pérez Caramés (UDC). Actualmente, é a investigadora principal do proxecto Retos de I+D+i (2020-2022) “Integración e retorno da “nova emigración española”: unha análise comparativa das comunidades españolas no Reino Unido e Francia” (EMIGRAREIN, PID2019- 105041RA-I00, 2020-2023). As súas últimas publicacións como autora son: “Que é a Integración? A Comparative View from Immigrants and Municipal Policy” en International Migration (2020) e “Intercultural priorities between inmigrant organizations in Galicia (Spain): Beyond the ofensive and defensive binary” in International Journal of Intercultural Relations (2020). É parte do Consello Científico da revista do IGADI, Tempo Exterior