ivan lopez

López Díaz, Iván

Doutorando na Universidade Autónoma de Madrid, programa de Dereito, Goberno e Políticas Públicas. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración Pública e máster en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.

Destaca a súa experiencia profesional como investigador tanto na universidade como no mundo privado con especialidade no analise de datos a través dunha metodoloxía cuantitativa.


Artigos de López Díaz, Iván

O acordo dos BRICS en Nova Deli: A arquitectura antes que a moeda

Apartados xeográficos China and the Chinese world
Liñas de investigación International Relations
O pasado 13 de setembro pechouse en Nova Deli a XVIII Cimeira dos BRICS, na cal se adoptou de maneira unánime a Declaración de Nova Deli, un texto de corenta e cinco páxinas que descende ao detalle operativo dos novos obxectivos do grupo. O documento destaca pola omisión de calquera referencia á creación dunha moeda común e pola elección do proceso máis lento da interoperabilidade entre as infraestruturas nacionais.

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia

O pasado 1 de maio de 2026 comezouse a aplicar o Acordo Interino de Comercio entre a Unión Europea e o Mercosur despois de máis de vinte e cinco anos de negociacións. A parte comercial do acordo xa opera mentres o Acordo de Asociación, que inclúe tarefas como o diálogo político e a cooperación agarda aínda co visto bo por parte da Eurocámara a cal ten aínda vinte e sete ratificacións nacionais. Namentres Galicia sigue pendente dun mercado do cal vende pouco e teme moito do que chega del.

Un presidente con cinco escanos – 2ª volta nas eleccións presidenciais de Colombia

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations
Abelardo de la Espriella chegará á Casa de Nariño o 7 de agosto tras unha vitoria axustada fronte a Iván Cepeda. A súa forza electoral contrasta coa reducida bancada que o acompañará de maneira directa no Capitolio. O Congreso instalado o 20 de xullo xa lle deu unha primeira mostra do que o agarda debido a que perdeu a presidencia do Senado fronte ao candidato do uribismo. O novo presidente terá que pactar con partidos que conservan intereses propios, mentres o Pacto Histórico ocupa a primeira liña da oposición desde a maior bancada da cámara alta.

A batalla polo legado de Petro – 1º volta das eleccións presidencias de Colombia

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations
O 31 de maio, máis de vinte e tres millóns e medio de colombianos acudiron ás urnas nunha xornada que rexistrou a participación máis alta para unha primeira volta presidencial no que vai de século (Infobae, 2026a). O resultado deixou un escenario de forte polarización para a segunda volta: o avogado e empresario Abelardo de la Espriella, un outsider da dereita radical, e o senador Iván Cepeda, herdeiro político do presidente Gustavo Petro, enfrontaranse o 21 de xuño pola Presidencia da República.

Tres candidatos e un país en suspenso - 1ª volta nas eleccións presidenciais do Perú

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations
Imaxina un país no que, nos últimos dez anos, oito persoas diferentes ocuparon a presidencia. Non por mortes, nin por revolucións senón por vacancias, renuncias forzadas, autogolpes de Estado e crisis institucionais nun bucle que semella estar no día da marmota. Ese país non hai que imaxinalo porque é o Perú. E, a pregunta que estaba no aire o pasado domingo 12 de abril, non era tanto quen pasaría a 2ª volta, senón se o sistema democrático por fin sería capaz de producir un presidente que realmente puidera gobernar ante un abanico de máis de 35 candidatos.

Béisbol e identidade. Venezuela máis aló da política.

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations
Venezuela leva anos sen poder celebrar nada xunta. A crise económica, o exilio de millóns de persoas, a captura de Maduro en xaneiro, cada acontecemento dos últimos tempos abriu aínda mais unha fractura que parecía xa insalvable. O 17 de marzo de 2026 foi a excepción. Unha vitoria 3-2 ante os Estados Unidos na final do World Baseball Classic parou o país durante catro horas. Non é pouco, cando un país leva anos sen pararse por nada bo.
Teatro Nacional de Costa Rica

Costa Rica na encrucillada: O futuro do país tras as eleccións xerais de 2026

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations
As eleccións xerais en Costa Rica marcaron o fin do excepcionalismo democrático do país. O triunfo de Laura Fernández consolidou un discurso de "man dura" fronte a unha crise de seguridade sen precedentes e unha profunda desigualdade territorial. Este proceso electoral revela unha nación fracturada que, entre a apatía e o medo, decidiu romper co seu pasado bipartidista para estreitar entre os brazos un modelo de confrontación institucional.

Arxentina 2025: Habitar a fenda

Apartados xeográficos Latin America
Liñas de investigación International Relations
O arranque dun novo ano convida inevitablemente ao balance e á reflexión retrospectiva. É un exercicio fundamental para gañar perspectiva sobre o vivido, unha tarefa que se torna aínda máis necesaria e complexa cando o obxecto de análise é a realidade da Arxentina.