davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

Arxentina, ¿A volta do populismo?

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
Arxentina "e en xeral toda Latinoamérica" semella que non pode librarse do populismo. A última decisión do presidente De la Rúa así parece confirmalo. A súa intención é aprobar a reducción do chamado gasto político (salarios de cargos electos, financiamento dos partidos, etc.) a través dun referendo. Loxicamente, o futuro dunha medida asi está garantido …

Reinero González, David Read More »

Ménem perante o xuíz

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
A actualidade informativa arxentina continúa convulsionada. No medio da maior crise económica que vive o país dende finais dos oitenta, as decisións políticas e os autos xudiciais contribúen a alterar aínda máis a unha opinión pública extraordinariamente politizada. A última "bomba" informativa para os arxentinos é a decisión do xuíz federal Jorge Urso de imputar …

Reinero González, David Read More »