davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

Unindo Centroamérica

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
A pasada semana presentábase en Madrid, perante un amplo grupo de empresas españolas, o Plan Puebla-Panamá. Foi máis ben a súa promoción ante os inversores españois xa que o Plan (PPP na nomenclatura para iniciados) hai xa dous anos que botou a andar, en parte pola iniciativa do Presidente mexicano Vicente Fox. Neste tempo sentáronse …

Reinero González, David Read More »

Portugal aprétase o cinto

Apartados xeográficos Europe ARCHIVE
O 2001 foi un mal ano para a economía portuguesa. O incrible crecemento experimentado nas dúas últimas décadas sufriu un pequeno parón semellante ó da maioría dos países europeos. Sen embargo, o caso portugués destaca polas enormes repercusións políticas que orixinou. Durante o último ano e medio notouse en Portugal un lixeiro incremento do déficit …

Reinero González, David Read More »

Monterrey: ¿E da axuda ligada, qué?

Apartados xeográficos Others ARCHIVE
O Cumio de Monterrey rematou o pasado venres deixando un sabor de boca agridoce. Doce, porque os pasos adiante non son malos: Estados Unidos, a pesares de entrar pola porta traseira, en silencio (excepción feita do affair Castro) e apostando pola indefinición, finalmente aumentará a súa aportación anual dos 10.000 millóns de dólares actuáis ata …

Reinero González, David Read More »

Monterrey: Financiar o desenvolvemento

Apartados xeográficos ARCHIVE Others
A cidade mexicana de Monterrey acollerá durante toda esta semana a Conferencia Internacional sobre a Financiación para o Desenvolvemento, primeira reunión ó máis alto nivel organizada pola ONU para tratar sobre as necesidades financeiras que prantexa o desenvolvemento mundial. O obxectivo fundamental do cumio é a búsqueda dos fondos que permitan acadar as cotas de …

Reinero González, David Read More »