davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

A Xunta centra (aínda máis) a acción exterior na economía

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
Que a Xunta hai tempo que deixou de lado as vertentes política, social e cultural da acción exterior galega para centrarse case exclusivamente na económica era algo sabido. Pero no último mes esa tendencia non só vén de ser avalada implicitamente pola oposición senón que o Goberno galego mesmo pretende plasmala por escrito corrixindo os …

Reinero González, David Read More »