paula sabajanes 300x300 1

Sabajanes, Paula

Xornalista galega nacida en Bos Aires. Licenciada en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especializada en Comunicación Institucional e de Crise. Realizou cursos posgrao en Comunicación e Xénero na Universidade de Bos Aires (UBA). Traballou no Gabinete de Comunicación do Presidente da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento, na Secretaría de Relacións Exteriores e coa UE do Goberno galego e integrou o equipo que puxo en marcha a primeira Delegación da Administración galega no exterior, onde dirixu o Gabinete de Comunicación. Colaboradora desde Arxentina para o xornal La Voz de Galicia, a Axencia EFE e o programa “Lambóns de Viaxe” da Radio Galega. Asistiu á Xunta directiva do Centro Galicia de Buenos Aires. Desempeñouse na Oficina de Comunicación da Embaixada de España en Buenos Aires e actualmente forma parte do equipo da Agregaduría de Defensa de España en Arxentina, Uruguai e Paraguai.


Artigos de Sabajanes, Paula

Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda "Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados"

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
Liñas de investigación Diáspora Observatory
Galicia medra e muda. Comezamos o ano mirando o nacemento das “novas cidadanías”. O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos de poboación que revelan que a composición e o tamaño da nosa xente no mundo é maior e máis diverso. Hai cada día menos galegos emigrados e máis dos que mesmo nin pisaron a terra. A Galicia Universal redefine o seu perfil e queremos pensar como van inserirse os emigrados, os inmigrados, os novos galegos nacidos fóra na sociedade, na lingua, na economía, na idea de país e nas institucións para exercer os seus dereitos como cidadáns plenos.
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacy Diáspora Observatory
Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío […]