Innovar e aproveitar a diáspora galega para o desenvolvemento económico
Con datos do INE, o número de galegos no exterior superaba o medio millón (527.449) en 2023, case una quinta parte (19,54%) do total de habitantes censados en Galicia. O perfil maioritario de galegos no exterior é o de non nacidos na Comunidade Autónoma (73,32%), fronte aos nacidos en Galicia (26,68%). Con estas cifras Galicia continúa a ser a autonomía española con maior diáspora no estranxeiro, superando en 200.000 emigrantes a Andalucía, e en maior cantidade a Cataluña e Madrid.