PCCh : Palabra chave

Tempos Novos nº 306

Xi Jinping apura o paso da China

Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), o xigante oriental entra nunha nova fase. Xi Jinping, quen lidera o país dende 2012, asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo mais aló de 2027, se a saúde llo permite, ante a falta dun sucesor claro. Esa persistencia da figura …

Xi Jinping apura o paso da China Read More »

100º aniversario do PCCh

O factor nacional na traxectoria do PCCh

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

O Partido Comunista da China (PCCh) celebrou este 2021 os seus primeiros cen anos de existencia. Constituído baixo o influxo da Revolución Rusa de 1917 e co impulso da IIIª Internacional nun contexto de grave crise nacional (fase terminal do feudalismo imperial e secuencia de guerras civís que trabaron a proclamación do Estado moderno unha década antes), tres lustros tardou en dilucidar internamente a primacía do factor nacional sobre outras variables no seu proxecto político.

91121p8t1

A terceira historia do PCCh

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

Da sexta sesión plenaria que o Partido Comunista (PCCh) celebrou estes días na capital chinesa salientouse oficialmente a aprobación dunha resolución sobre a súa historia, un documento que, dunha banda, vén a culminar a efeméride dos seus primeiros cen anos (1921-2021), e, doutra, atendendo ao simbolismo que tanto marca a política chinesa, pon de relevo a elevada posición acadada por Xi Jinping á fronte do Partido e do país, quen podería aspirar a exercer un terceiro e máis mandatos, contrariando os criterios sucesorios dos últimos corenta anos.

Cara onde vai a China de Xi?

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

Para intentar comprender cara a onde se dirixe a China do presidente Xi Jinping, o primeiro é botar unha mirada cara atrás, en concreto, a 1921. Unha das campañas ideolóxicas máis intensas do seu mandato é a que leva por título “permanecer fieis á misión fundacional”. O relevo que debe acompañalo na dirección do PCCh …

Cara onde vai a China de Xi? Read More »

Tiananmen e o lado escuro do denguismo

Liñas de investigación Observatory of Chinese Politics
Apartados xeográficos China and the Chinese world

En 1981, o comité central do PCCh aprobou por unanimidade unha resolución sobre “algúns problemas na historia do noso Partido”. Nela facíase avaliación do maoísmo, aplicando a devandito período o balance suxerido polo propio Mao a propósito da Revolución Cultural: 70 por cento de acertos, 30 por cento de erros. 

Xi resetea a relación con Pyongyang

Liñas de investigación Observatory of Chinese Politics
Apartados xeográficos China and the Chinese world

O cume Xi-Kim en Beijing foi unha xogada mestra da diplomacia chinesa. Aínda que tamén un gran triunfo para Kim Jong-un, que obrigou ao “temoneiro extraordinario” a cambiar de rumbo de modo abrupto. Días atrás, o 20 de marzo, o Global Times xa nos recordaba a importancia da alianza Beijing-Pyongyang e salientaba no seu editorial …

Xi resetea a relación con Pyongyang Read More »

Xi Jinping, un Presidente sen límites

Liñas de investigación Observatory of Chinese Politics
Apartados xeográficos China and the Chinese world

As sesións lexislativas simultáneas (do macroparlamento e da conferencia consultiva política) que decorren na China ofrecen este ano algunhas novidades de alcance. Con seguridade, a de maior eco mediático refírese á reforma constitucional pero igualmente inclúe outras como a creación da comisión estatal de supervisión para loitar contra a corrupción, un novo impulso á revitalización …

Xi Jinping, un Presidente sen límites Read More »

O Congreso de Xi Jinping

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

O XIX Congreso que o Partido Comunista da China (PCCh) vai celebrar este outono é un dos mais importantes da súa historia recente. En primeiro lugar, porque discorre nunha etapa crucial do proceso de modernización que vive o país; tamén porque acelera a conta atrás para o primeiro centenario da fundación do Partido (2021); en …

O Congreso de Xi Jinping Read More »