Taiwán : Palabra chave

Lai Ching-te na Wikimedia, agosto 2023

Os estreitos de Taiwán

Apartados xeográficos China and the Chinese world

Lai Ching-te asumiu a presidencia taiwanesa este 20 de Maio. O cambio no liderado amosa un dobre signo de continuidade: do seu partido, o soberanista Minjindang ou Partido Democrático Progresista, á fronte do Estado e tamén da política aplicada nos últimos oito anos, durante o mandato de Tsai Ing-wen. Non obstante, hai unha mudanza destacada: Lai non contará co referendo automático do Parlamento ao perder a maioría absoluta nos comicios do pasado 13 de xaneiro. O entendemento da oposición unionista (KMT, PPT), que tampouco será automático senón que deberán traballalo e arduamente, ameaza con complicar e moito a súa acción de goberno.

Kevin McCarthy (medio) no Congreso en Washington, EUA o 6 de xaneiro (Foto: Xinhua Liu Jie)

O encrucillado taiwanés

Liñas de investigación Observatory of Chinese Politics
Apartados xeográficos Asia China and the Chinese world

Un dos temas clave na axenda dese cumio aprazado China-EUA debera ser o de Taiwán, a “liña vermella número un”, segundo a cualifican as autoridades chinesas. A falta dun compromiso na xestión deste contencioso pode condicionar integralmente as relacións bilaterais, que xustamente acadaron un dos seus niveis máis baixos dos últimos tempos trala visita da …

O encrucillado taiwanés Read More »

Capa do Tempos Novos nº304

Mar rizado en Taiwán

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

A través da resposta chinesa en forma de grandes manobras militares pero igualmente de decisións políticas, diplomáticas e económicas, puidemos apreciar os graves efectos da recente visita da presidenta do Congreso dos EUA, Nancy Pelosi, á illa de Formosa, así bautizada polos portugueses en 1590 en razón da súa beleza. As augas permanecerán axitadas durante bastante tempo e o difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. Nesta ocasión, dende a perspectiva das autoridades chinesas, a decisión de repudiar a visita da terceira figura mais relevante na xerarquía institucional estadounidense a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previos, acadou o nivel coñecido como “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella.

20220803114928707

A quenda de Taiwán?

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

A visita de Nancy Pelosi a Taipéi pode marcar un punto de inflexión significativo nas dinámicas do problema de Taiwán, o máis sensible nas relacións China-EUA. De entrada, ten potencial abondo para sinalar a que sería a cuarta crise do Estreito tralas de 1954, 58, e 95-97. No actual contexto, podemos prepararnos para unha secuencia …

A quenda de Taiwán? Read More »

As tres claves da xira de Joe Biden por Asia

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos China and the Chinese world

Tres asuntos teñen primado na primeira xira do presidente dos EUA, Joe Biden, pola rexión asiática. Mais aló da cuestión de Corea do Norte, o asunto de maior alcance foi Taiwán. O “si” como resposta á pregunta sobre o compromiso de defender militarmente a Taiwán en caso dunha invasión chinesa, marcou un novo punto de inflexión no posicionamento da Casa Branca, xerando dúbidas razoables sobre a pervivencia da “ambigüidade estratéxica” que tradicionalmente caracterizou a actitude estadounidense neste delicado aspecto. Tanto é así que unha vez mais, funcionarios da Casa Branca matizaron despois esas palabras para asegurar que aquela política “non mudara”.