logo fundacion 2bn

Acordo de colaboración Fundación Uxío Novoneyra-IGADI (2022)

ACORDO DE COLABORACIÓN

Fundación Uxío Novoneyra-Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

Reunidos en Santiago de Compostela a 17 de maio do 2022.

Dunha parte, como Presidenta da Fundación Uxío Novoneyra e, doutra, Danel González Palau, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.

Recoñecéndose mutuamente a capacidade legal para asinar o presente Acordo de colaboración

MANIFESTAN

Tendo en conta que ambas entidades teñen entre as súas preocupacións comúns o perfil e as potencialidades globais da natureza internacional de Galicia e especificamente o estudo e dinamización do seu perfil cultural internacional no mundo.

Considerando que o fomento dos intercambios entre ambas entidades e a diversos niveis poden contribuír a reforzar a utilidade e o interese do traballo en común.

Valorando a importancia de institucionalizar devanditos intercambios e coincidindo ambas partes na necesidade de contribuír, na medida das súas posibilidades, a estimular o interese polos asuntos relacionados co perfil internacional de Galicia e a súa política e paradiplomacia cultural, as dúas partes subscriben o presente Acordo, suxeito as distintas

Cláusulas:

Primeira

Establécense como obxectivos compartidos os seguintes:

a) Promover accións de estudo, reflexión e sensibilización sobre a paradiplomacia cultural galega.

b) Facilitar a celebración de conferencias, simposios, encontros, etc, optimizando o intercambio de visitas e contactos.

c) O desenvolvemento de liñas e proxectos de investigación conxunta, así coma a participación en convocatorias de proxectos concretas.

d) Promover mecanismos que permitan unha eficaz coordinación con todos aqueles axentes (académicos, políticos, sociais, etc) que poidan estar interesados na consecución de similares obxectivos.

e) Organizar e impartir cursos de formación relacionados con estas temáticas de interese común.

f) Difusión recíproca e intercambio de artigos e publicacións que resulten de interese conforme ao actual acordo, asegurando a permanente fluidez de información entre ambas entidades.

Segunda

En todas as actividades desenvolvidas ao amparo deste Acordo farase constar explicitamente a participación de ambas partes.

Terceira

Ambas partes comprométense a procurar o financiamento adecuado para a digna realización das actividades programadas.

Cuarta

Crearase unha Comisión de Seguimento formada por un representante de cada unha das partes que se reunirán, como mínimo, unha vez ao ano. Cada parte designará devanditos representantes no prazo máximo dun mes á sinatura do convenio, sinalando un suplente

Quinta

As partes asinantes acordan que en caso de litixio, discrepancia ou reclamación que resulte da execución ou interpretación do presente Acordo, resolverase a través de consultas en pé de igualdade.

Sexta

A duración do Acordo é de tres anos, e entrará en vigor a partir da data da sinatura. A rescisión do mesmo por algunha das partes efectuarase por escrito e cunha antelación mínima de tres meses. En calquera caso, deberase garantir a finalización das actividades en curso.

E en proba de conformidade, as dúas partes asinan o presente Acordo no lugar e data do encabezamento.