logoegap

Convenio de colaboración entre a EGAP e o IGADI, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación (2011)

Convenio de colaboración entre a EGAP e o IGADI, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

En Santiago de Compostela, a 4 de Febreiro de 2011.

REUNIDOS
Dunha parte o Sr. D. Pablo Figueroa Dorrego, Director da Escola Galega de Administración Pública (en adiante EGAP), nomeado polo Decreto 213/2009, do 23 de abril (DOG nº 79 do 24 de abril), actuando en nome e representación da EGAP, en virtude das facultades que lle confire o artigo 9º da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo;Doutra, o Sr. D. Xulio Ríos Paredes, na súa condición de director da asociación “Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional” (IGADI) e intervindo neste acto por conta e representación daquela entidade, segundo se acredita por medio da certificación expedida o 3 de febreiro de dous mil once por Roberto Mansilla Blanco, secretario da devandita Asociación, e consonte coas facultades e funcións que lle atribúen os artigos 23 e afíns dos seus Estatutos.Teñen, segundo interveñen, a capacidade legal necesaria para formalizar o presenteConvenio de Colaboración, e
EXPOÑEN
PRIMEIRO.- Que a EGAP é un organismo autónomo de carácter administrativo e unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que actúa con plena autonomía  funcional para o cumprimento dos seus fins.SEGUNDO. - Que a Lei 4/1987, de 27 de maio, pola que se crea a EGAP, menciona entre os fins da Escola a formación, o perfeccionamento, a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación no campo da administración pública, promovendo á súa máxima difusión.TERCEIRO.-  Que a asociación “Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional” (IGADI) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxecto, entre outros, reflexionar sobre os problemas internacionais e a proxección de Galicia no exterior, promovendo iniciativas de formación relacionadas con esa dupla preocupación.CUARTO.- Que ambas as dúas partes consideran de mutuo interese para o cumprimento das súas respectivas funcións establecer fórmulas de colaboración no ámbito formativo, divulgador e investigador a través do presente Convenio.En virtude do exposto e recoñecéndose ambas dúas partes na representación que ostentan capacidade suficente, acordan asinar un convenio de colaboración de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS
PRIMEIRA.- Obxecto.O obxecto deste convenio entre a EGAP e o IGADI, é a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.SEGUNDA.-  Actuacións.A EGAP e o IGADI, en virtude do disposto neste convenio, podrán colaborar en actividades relacionadas coa realización de formación, divulgación e investigación no ámbito das súas competencias.As modalidades de colaboración poderán consistir en:
  1. Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación.
  2. Edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo. Ambas as dúas instituciones comprométense a remitir un exemplar das súas publicacións periódicas á Biblioteca da outra, para a súa difusión.
  3. Promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.
  4. Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e disponibilidade das partes, en relación á actividade obxeto deste Convenio.
TERCEIRA.- Establecemento dunha Comisión Mixta de Seguimento.Para o bo desenvolvemento das actividades obxecto do Convenio establecerase unha Comisión Mixta, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá a concreción, seguimento, interpretación e avaliación das accións derivadas do presente convenio.Nesta comisión actuarán como representantes por parte da EGAP, o seu Secretario Xeral e un Xefe o Xefa de Servizo da mesma que designe o seu Director, ou persoas en quen deleguen; e por parte do IGADI, o seu Director e Secretario, ou persoas en quen deleguen.Serán funcións desta Comisión de seguimento:
  1. Velar polo cumprimento do convenio.
  2. Concretar, seguer, interpretar e avaliar as accións derivadas do presente convenio.
  3. Adoptar ou propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes.
  4. Resolver os problemas de interpretación que poidan xurdir.
  5. En xeral, as que o artigo 6.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, lle atribúe o órgano de vixilancia e control.
CUARTA.- Orzamento.A sinatura deste convenio non implica, por parte da EGAP, compromiso de gasto con cargo ás partidas orzamentarias do estado de gastos do orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.QUINTA.- Inexistencia de relación laboral.A subscrición do presente convenio non implicará relación laboral, contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que realicen as actividades obxecto deste convenio e a EGAP.SEXTA.- Dereitos de uso e propiedade industrial e intelectual.Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a totalidade das creacións resultado deste convenio, son titularidade conxunta da EGAP e do IGADI.As partes necesitan a autorización expresa daoutra para proceder a edición, representación, gravación e reproducción audiovisual, informática, ou por calquera outro medio, formato o soporte, do resultado e dos materias fruto do desenvolvemento do proxecto.SÉTIMA.- Modificación, Denuncia e Resolución do Convenio.As partes poderán modificar ou resolver o presente convenio en calquera momento por mutuo acordo. Así mesmo, poderán denunciar o presente convenio en calquera momento por vontade expresa de calquera das partes cun preaviso de quince días naturais.O incumprimento de calquera das obrigas contraídas no presente convenio por unha das partes facultará á outra para resolver o mesmo, cos efectos que legalmente procedan.OITAVA.- Réxime xurídico e resolución de conflitos.Este convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola lexislación en materia de contratos das administracións públicas polas demais normas de dereito administrativo e, no seu defecto polas normas de dereito privado.De conformidade co establecido no artigo 8.3 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, as cuestións litixiosas que poidan xurdir na interpretación e cumprimento do presente convenio de colaboración, serán de coñecemento e competencia da Orde xurisdiccional do contencioso-administrativo.NOVENA.- VixenciaO presente convenio estenderá a súa vixencia dende a data da sinatura por tódalas partes ata o 31 de decembro do 2011, prorrogándose de forma expresa por anualidades naturais, salvo denuncia de calquera das partes antes do seu termo, ou do termo de cada unha das prórrogas.Este acordo de colaboración obriga ao cumprimento do expresamente pactado, someténdose tódalas partes ao acordado en tódalas estipulacións, e como proba de conformidade subscríbese, por duplicado exemplar, no lugar e data arriba indicados.

Pola Escola Galega de Administración Pública,

Polo IGADI,

D. Pablo Figueroa Dorrego.

D. Xulio Ríos Paredes.