ideas e ideais para ser nos no mundo

Estatutos do IGADI

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é un think tank independente que nace en 1991 cun dobre propósito: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.

O IGADI é unha asociación fundada en 1991, a última revisión dos seus Estatutos produciuse na Asemblea Xeral da asociación do 20 de abril do ano 2024 e a resolución da modificación dos Estatutos no rexistro de asociacións da Xunta o 24 de maio dese mesmo ano. Nos Estatutos defínese a natura da organización e o IGADI como think tank, en liña a construír e desenvolver as políticas públicas de acción exterior de Galicia, así como crear unha ferramenta para a comprensión do mundo desde Galicia, aliñada con Nacións Unidas e os Dereitos Humanos.