O IGADI fai balance en Pontevedra dos 25 anos da entidade
O Consello Reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional debaterá tamén este sábado sobre o futuro do think tank
Pontevedra, 18 de febreiro de 2016.- O Consello Reitor do Instituto Galego de Documentación Internacional (IGADI) reunirase en Pontevedra este sábado, 20 de febreiro, co obxecto de facer balance dos 25 anos transcorridos desde a fundación da entidade, en 1991. A cita terá lugar a partir das 12 horas no Centro Cívico Sur, onde radica o seu domicilio social desde maio do ano pasado, e contará coa participación de destacados persoeiros galegos.

O IGADI é un think tank que ten por propósito acompañar e reflexionar sobre as tendencias internacionais e as súas consecuencias para Galicia propoñendo alternativas para unha mellor inserción internacional da nosa comunidade.
O Consello Reitor é unha instancia de asesoramento que baixo criterios de independencia, pluralidade e interdisciplinariedade reúne a expertos e profesionais de diferentes áreas (xornalismo, universidade, consultoría internacional, empresa, sindicatos, sector financeiro, seguridade, tradución, escritores, cooperación internacional…). Actualmente, está integrado por Alejandro Molins, Antonio Martínez Puñal, Emilio Martínez Rivas, Enrique Sáez Ponte, Ignacio Ramonet, Luís Álvarez Pousa, Manuel Fernández Blanco, Manuel Mera Sánchez, María Xosé Agra Romero, María Xosé Porteiro García, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Fortes Bouzán, Xosé Luis Franco Grande, Xosé Luís Rodríguez Pardo e Xulián Maure. Tamén formaron parte Lois Tobío, Fernando Pérez-Barreiro Nolla e o recentemente falecido Ramón Lugrís, figura que será lembrada no encontro.
Esta sesión do Consello iniciará tamén o balance da estratexia 2010-2016 e sinalará os trazos esenciais do futuro inmediato da institución co horizonte de 2020. Ademais, analizará o momento da acción exterior de Galicia co referente do decreto aprobado pola Xunta o pasado decembro.