O IGADI promoveu nos anos 90 a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O IGADI promoveu nos anos 90 a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como unha resposta coordinada e de longo percorrido para mancomunar os esforzos da administración local na defensa e promoción dos Dereitos Humanos: cooperación internacional galega diante dun mundo inxusto e desigual.
O IGADI desempeñou a súa Secretaría desde a súa fundación en 1997 ata o 1 de abril de 2020, momento no que o IGADI se deu de baixa da asociación extinguindo tamén de mutuo acordo as funcións de Secretaría técnica, abrindo unha nova etapa de colaboración entre as dúas entidades.