Foros Bilaterais (2002-2005)

A iniciativa dos Foros Bilaterais dirixiuse a Valencia e Caracas, en Venezuela; Bahía e Sao Paulo, en Brasil; e a México DF , impulsando a creación de espacios de comunicación plurais, a nivel micro, pero que pola relevancia dos seus integrantes aseguraron unha repercusión importante en diferentes colectivos.

Neses encontros co mundo empresarial quixemos espertar o interese por Galicia, complementando o nivel de información dispoñible cun contacto persoal que achegue solucións a demandas concretas. O factor humano foi e é un factor crítico. No caso de Galicia constitúe o seu principal activo nunha sociedade globalizada. Por iso estes encontros, que contaron na altura co apoio do Igape e da denominada daquelas, Consellería de Emigración, poderían axudar no futuro a incrementar as relacións interempresariais. Podes ler esta entrevista ao Xulio Ríos, do ano 2004.