IGADI Annual Report 2017-2018, A mundialización en cuestión Proteccionismo vs. Globalización: un dilema económico e xeopolítico

IGADI Annual Report 2017-2018

A mundialización en cuestión.
Proteccionismo vs. Globalización:
Un dilema económico e xeopolítico.

A mundialización en cuestión.
Proteccionismo vs. Globalización:
Un dilema económico e xeopolítico.

IGADI Annual Report 2017-2018, A mundialización en cuestión Proteccionismo vs. Globalización: un dilema económico e xeopolítico

 

Introdución

Se o protagonista da política mundial en 2017 foi Donald Trump, en 2018 esta condición correspondería ao presidente chinés Xi Jinping. Cun EUA observando un proceso de cuestionamento e eventual declive da súa hexemonía na política internacional, a China de Xi amosa unha condición diametralmente diferente, embarcada nun proceso de reformas internas con notoria concentración de poder, baixo a perspectiva de impulsarse como a principal potencia global deste século XXI. 

Ambas figuras, Trump e Xi, son sintomáticas dos cambios estruturais que están acontecendo tanto na política como na economía globais. Estes cambios vense claramente condicionados pola tensión crecente derivada da reaparición de diversas tendencias proteccionistas, contextualizadas no pulso entre as iniciativas inseridas no proceso de globalización. 

Un panorama que coloca ao proceso de mundialización iniciado décadas atrás ante fortes dilemas estruturais, derivados deste pulso hexemónico que, a nivel económico e xeopolítico, están sendo tramitados por confrontativas expresións de globalización emanadas dende EUA e China.

(...)

Tes o PDF accesible para descarregar despois do ÍNDICE:

  • 1. Introdución, por Roberto Mansilla Blanco
  • 2.  As chaves de 2017
    • 2.1.  “América First”: resucita o proteccionismo
    • 2.2.  O xihadismo despois do Daesh
    • 2.3.  Maduro segue á fronte
    • 2.4.  O xiísmo consolídase en China
    • 2.5.  Relevo histórico en Angola
  • 3.  Perspectivas 2018
    • 3.1.  Transicións nun ano electoral en América Latina
    • 3.2.  As Rutas da Seda: globalización á chinesa
    • 3.3.  Europa: entre a “Gran Coalición”, o Brexit e Putin
    • 3.4.  Tensión nuclear e militarización en ascenso
    • 3.5.  A economía mundial ante as expectativas post-crise
  • 4.  Reflexións por áreas xeográficas
    • 4.1. América Latina: O caso Odebrecht, corrupción sistémica e intereses xeopolíticos, por Yuri Fraccaroli
    • 4.2.  Israel/Palestina: a asimetría de poder, por José Abu-Tarbush
    • 4.3.  Myanmar: camiño dun xenocidio dos rohingyas?, por Daniel Gomá
    • 4.4.  Magreb 2018: As primaveras árabes como souvenir, por David Alvarado
    • 4.5.  EUA: Política local, caos internacional, por Jared D. Larson
  • 5.  Reflexións transversais
    • 5.1.  2017: Radiografía dun ano en feminino, con voz e sen medo, por Marola Padín Novás
    • 5.2.  A busca do recoñecemento e da estabilidade: reflexións sobre os “Estados-fracasados”, “fráxiles”, “de feito” e os “Buffer-States”, por Roberto Mansilla Blanco
    • 5.3.  “Cyberwar”, “fake news”: a acelerada batalla dixital, por Roberto Montoya
    • 5.4.  Políticas contra as drogas e Dereitos Humanos en 2017, por Alexandre Rey Parrado
    • 5.5.  Sobrevivirá a globalización?, por Alfredo Toro Hardy
  • 6.  Personaxes de 2017 
    Emmanuel Macron, Aung San Suu Kyi, João Lourenço, Ahed Tamimi e Rafael Correa
  • Os autores
  •