Declaración da Conferencia das Nacións Unidas sobre o medio humano

A conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano, reunida en Estocolmo do 5 ao 16 de Xuño de 1972, e tendo en conta a necesidade dun criterio e uns principios comúns que servan aos pobos do mundo de inspiración e a guía para preservar e mellorar no medio humano.

Estocolmo, 16 de xuño de 1972 (ONU, Doc. A/CONF.48/14/Rev.1)

 

A conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano,

Reunida en Estocolmo do 5 ao 16 de Xuño de 1972, e

Tendo en conta a necesidade dun criterio e uns principios comúns que servan aos pobos do mundo de inspiración e a guía para preservar e mellorar no medio humano,

PROCLAMA que:

1. O home é á vez obra e artífice do medio que o rodea, que lle da o sustento material e que lle brinda a oportunidade de se desenvolver intelectual, moral , social e espiritualmente. Na longa e sinuosa evolución da raza humana neste planeta chegouse a unha etapa na que, gracias á rápida aceleración da ciencia e a tecnoloxía, o home ten adquirido o poder de transformar, de innumerables xeitos e nunha gama sen precedentes, canto o rodea. Os dous aspectos do medio humano, o natural e o artificial, son esenciais para o benestar do home e para o goce dos dereitos humanos fundamentais, mesmo o dereito á vida.

2. A protección e o melloramento do medio humano é unha cuestión fundamental que afecta ao benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico do mundo enteiro, un desexo urxente dos pobos de todo o mundo e un deber de todos os gobernos.

3. O home debe facer constante recapitulación da súa experiencia e continuar descubrindo, inventando, creando e progresando. Hoxe en día, a capacidade do home de transformar o que o rodea, utilizada con discernimento, pode levar a todos os pobos os beneficios do desenvolvemento e ofrecerlles a posibilidade de ennoblecer a súa existencia. Aplicado errónea ou imprudentemente, o mesmo poder pode causar danos incalculables ao ser humano e ao seu medio. Arredor noso vemos multiplicarse as probas do dano causado polo home en moitas rexións da Terra: niveis perigosos de contaminación da auga, o aire, a terra e os seres vivos; grandes perturbacións no equilibrio ecolóxico da biosfera; destrucción e esgotamento de recursos insustituibles e graves deficiencias, nocivas para a saude física, mental e social do home, no medio por el creado, especialmente naquel no que vive e traballa.

4. Nos países en desenvolvemento, a maioría dos problemas ambientais están motivados polo subdesenvolvemento. Millóns de persoas seguen vivindo moi por baixo dos niveis mínimos necesarios ou adecuados para unha existencia humana digna, privadas de alimentación e vestido, de vivenda e educación, de sanidade e hixiene. Por tanto, os países en desenvolvemento deben dirixir os seus esforzos cara o desenvolvemento, tendo presente as súas prioridades e a necesidade de salvagardar e mellorar o medio. Co mesmo fin, os países industrializados deben esforzarse por reducir a distancia que os separa dos países en desenvolvemento. Nos países industrializados, os problemas ambientais están xeralmente relacionados coa industrialización e o desenvolvemento tecnolóxico.

5. O crecemento natural da poboación plantexa continuamente problemas relativos á preservación do medio, e compre adoptar normas e medidas apropiadas, segundo proceda, para facer fronte a eses problemas. De todas as cousas do mundo, os seres humanos son o máis valioso. Eles son quen promoven o progreso social, crean riqueza social, desenvolven a ciencia e a tecnoloxía, e, co seu duro traballo, transforman continuamente o medio humano. Co progreso social e os adiantos da producción, a ciencia e a tecnoloxía, a capacidade do home para mellorar o medio medra día a día.

6. Chegamos a un intre da historia no que debemos orientar os nosos actos, en todo o mundo, a atender coa maior dilixencia ás consecuencias que poidan ter para o medio. Por ignorancia ou indeferencia, podemos causar inmensos e irreparables danos ao medio terráqueo do que depende a nosa vida e o noso benestar. Pola contra, cun coñecemento máis profundo e unha acción máis prudente, podemos conquerir para nos e para a nosa posteridade unhas condicións de vida mellores nun medio máis en consonancia coas necesidades e aspiracións do home. As pespectivas de elevar a calidade do medio e de crear unha vida son grandes. O que se precisa é entusiasmo, mais tamén, serenidade de ánimo; traballo afanoso, mais sistemático. Para chegar á plenitude da súa libertade dentro da Natureza, o home debe aplicar os seus coñecementos para conseguir, en armonía con ela, un medio mellor. A defensa e o melloramento do medio humano para as xeracións presentes e futuras tense convertido nunha meta imperiosa para a humanidade, que ten que perseguirse ao mesmo tempo que as metas fundamentais xa establecidas da paz e o desenvolvemento económico e social en todo o mundo, e de conformidade con elas.

7. Para chegar a esa meta será preciso que cidadáns e comunidades, empresas e institucións, en todos os planos, acepten as responsabilidades que lles incumben e que todos eles participen equitativamente no labor común. Homes de todas condicións e organizacións de diferente índole plasmarán, coa aportación dos seus propios valores e a suma das súas actividades, o medio ambiente do futuro. Corresponderalle ás administracións locais e nacionais, dentro das súas respectivas xurisdicións, a maior parte da carga en canto ao establecemento de normas e a aplicación de medidas en gran escala sobre o medio. Tamén se require a cooperación internacional co obxecto de reunir recursos que axuden aos países en desenvolvemento a cumprir o seu cometido nesta esfera. Cada vez hai un número maior de problemas relativos ao medio que , por ser de alcance rexional ou mundial, ou por repercutir no ámbito internacional común, requerirán dunha ampla colaboración entre as nacións e a adopción de medidas para as organizacións internacionais en interese de todos . A Conferencia encarece aos gobernos e as pobos que aúnen os seus esforzos para preservar e mellorar o medio humano en beneficio do home e da súa posperidade.

PRINCIPIOS

Principio 1.
O Home ten o dereito fundamental á liberdade, a igualdade e o goce de condicións de vida axeitadas nun medio de calidade de forma que lle permida levar unha vida digna e gozar do benestar, e ten a solemne obriga de protexer e mallorar o medio para a xeracións presentes e futuras. A este respecto, as políticas que promoven ou perpetúan o "apartheid", a segregación racial, a discriminación, a opresión colonial e outras formas de opresión e de dominación extranxeira, quedan condeadas e deben eliminarse.

Principio 2.
Os recursos naturais da Terra, incluidos o aire, a auga, a terra, a flora e a fauna e especialmente mostras representativas dos ecosistemas naturais, deben preservarse en beneficio das xeneracións presentes e futuras mediante unha cuidadosa planificación ou ordenación, segundo conveña.

Principio 3.
Debe manterse e, sempre que sexa posible, restaurarse ou mellorarse a capacidade da Terra para producir recursos vitais renovables.

Principio 4.
O home ten a responsabilidade especial de preservar e administrar xuizosamente o patrimonio da flora e a fauna silvestres e o seu hábitat, que se atopa actualmente en grave perigo por unha combinación de factores adversos. Por tanto, ao planificar o desenvolvemento económico debe atribuirse importancia á conservación da Natureza, incluidas a fauna e a flora silvestres.

Principio 5.
Os recursos non renovables da Terra deben empregarse de forma que se evite o perigo do seu esgotamento e se asegure que toda a humanidade comparte os beneficios dese emprego.

Principio 6.
Debe porse fin á descarga(evacuación) de sustancias tóxicas ou de outras materias á liberación de calor, en cantidades ou concentracións tais que o medio non poida neutralizalas, para que non causen danos graves ou irreparables aos ecosistemas. Debe apoiarse a xusta loita dos pobos de todos os países contra a contaminación.

Principio 7.
Os Estados deberán tomar todas as medidas posibles para impedir a contaminación dos mares por sustancias que poidan por en perigo a saúde do home, danar os recursos vivos e a vida marina, menoscabar as posibilidades de lecer ou dificultar outras utilizacións lexítimas do mar.

Principio 8.
O desenvolvemento económico e social é indispensable para segurar ao home un ambiente de vida e traballo favorable e crear na Terra as condicións necesarias para mellorar a calidade de vida.

Principio 9.
As deficiencias do medio orixinadas polas condicións do subdesenvolvemento e os desastres naturais platenxan graves problemas, e o mellor xeito de subsanalos é o desenvolvemento acelerado mediante a transferencia de candidades considerables de asistencia financieira e tecnolóxica que complemente os esforzos internos dos propios países en desenvolvemento e a axuda oportuna que poida requerirse.

Principio 10.
Para os países en desenvolvemento, a estabilidade dos prezos e a obtención de ingresos adecuados dos productos básicos e as materias primas son elementos esenciais para a ordenación do medio, xa que deben terse en conta tanto nos factores económicos coma os procesos ecolóxicos.

Principio 11.
As políticas ambientais de todos os Estados deberían estar encamiñadas a aumentar o potencial de crecimento actual o futuro dos países en desenvolvemento e non debería coartar ese potencial nin obstaculizar o logro de mellores condicións de vida para todos, e os Estados e as organización internacionais deberían tomar as disposicións pertinentes con miras a chegar a un acordo para facer fronte ás consecuencias económicas que poidesen resultar, nos planos nacional e internacional, da aplicación de medidas ambientais.

Principio 12.
Debería destinarse recursos á conservación e melloramento do medio, tendo en conta as circunstancias e necesidades especiais dos países en desenvolvemento e calquera gastos que poidan orixinar a estes países a inclusión de medidas de conservación do medio nos seus planos de desenvolvemento, así como a necesidade de prestarlles, cando o soliciten, máis asistencia técnica e financieira internacional con este fin.

Principio 13.
A fin de lograr unha ordenación máis racional dos recursos e mellorar así as condicións ambientais, s Estados deberían acordar un enfoque integrado e coordenado da planificación do seu desenvolvemento, de xeito que quede asegurada a compatibilidade do desenvolvemento coa necesidade de protexer e mellorar o medio humano en beneficio da súa poboación.

Principio 14.
A planifiación racional constitue un instrumento indispensable para conciliar as diferencias que poidan xurdir entre as esixencias do desenvolvemento e a necesidade de protexer e mellorar o medio.

Principio 15.
Debe aplicarse a planificación aós asentamentos humanos e á urbanización con miras a evitar repercusións perxudiciais sobre o medio e a obter os máximos beneficios sociais, económicos e ambientais para todos. A este respecto deben abandoarse os proxectos destinados á dominación colonialista e racista.

Principio 16.
Nas rexións nas que exista o risco de que a taxa de crecemento demográfico ou as concentracións excesivas de poboación perxudiquen, ao medio ou ao desenvolvemento, ou en que a baixa densidade de poboación poida impedir a mellora do medio humano e obstaculizar o desenvolmento, deberían aplicarse políticas demográficas que respetasen os dereitos humanos fundamentais e contasen coa aprobación dos gobernos interesados.

Principio 17.
Debe confiarse ás institucións nacionais competentes a tarefa de planificar, administrar ou controlar a utilización dos recursos ambientais dos Estados so fin de mellorar a calidade do medio.

Principio 18.
Como parte da súa contribución ao desenvolvemento económico e social, se debe utilizar a ciencia e a tecnoloxía para descubrir, evitar e combater os riscos que ameazan ao medio, para solucionar os problemas ambientais e para o ben da Humanidade.

Principio 19.
É indispensable un labor de educación en cuestións ambientais, dirixida tanto ás xeracións mozas como ás adultas e que presten a debida atención ao sector da poboación menos privilexiada, para ensanchar as bases dunha opinión pública ben informada e dunha conducta dos individuos, das empresas e das colectividades inspirada no senso da súa responsabilidade en canto a protección e melloramento do medio en toda a súa dimensión humana. É tamén esencial que os medios de comunicación de masas eviten contribuir ao deterioro do medio humano e difundan, pola contra, información de carácter educativo sobre a necesidade de protexerlo e melloralo co obxecto de que o home poida desenvolverse en todos os aspectos.

Principio 20.
Débense fomentar en todos os países, especialmente nos países en desenvolvemento, a investigación e os progresos científicos referentes aos problemas ambientais, tanto nacionais como multinacionais. A este respecto, o libre intercambio de información científica actualizada e de experiencias sobre a transferencia debe ser obxecto de apoio e asistencia, a fin de facilitar a solución dos problemas ambientais; as tecnoloxías ambientais deben porse a disposición dos países en desenvolvemento nunhas condicións que favorezan a súa amplia difusión, sen que constitua unha carga económica excesiva para estes países.

Principio 21.
De conformidade coa Carta das Nacións Unidas e cos principios do dereito internacional, os Estados teñen o dereito soberano de explorar os seus propios recursos en aplicación da súa propia política ambiental e a obriga de asegurar que as actividades que se leven a cavo dentro da súa xurisdición ou baixo o control non perxudiquen ao medio de outros Estados ou de zonas situadas fora de toda xurisdicción nacional.

Principio 22.
Os Estados deben cooperar para seguir desenvolvendo o dereito internacional no referente á responsabilidade e á indennización ás víctimas da contaminación e outros danos ambientais que as actividades realizadas dentro da xurisdicción ou baixo o control de tais Estados causen a zonas situadas fora da súa xurisdicción.

Principio 23.
Sen perxuizo dos criterios que se poidan adoptar pola comunidade internacional e das normas que deberían ser definidas a nivel nacional, en todos os casos será indispensable considerar os sistemas de valores prevalecentes en cada país e a aplicabilidade dunhas normas que si ben son válidas para os países máis avanzados, poden ser inadecuadas e de alto costo social para os países en desenvolvemento.

Principio 24.
Todos os países, grandes ou pequenos, deben ocuparse con espíritu de cooperación e en pé de igualdade das cuestións internacionais relativas á protección e a mellora do medio. É indispensable cooperar, mediante acordos multilaterais ou bilaterais ou por outros medios apropiados, para controlar, evitar, reducir e eliminar eficazmente os efectos perxudiciais que as actividades que se realicen en calquera eido poidan ter para o medio, tendo en conta debidamente a soberanía e os intereses de todos os Estados.

Principio 25.
Os Estados se asegurarán de que as organizacións internacionais realicen un labor coordenado, eficaz e dinámico na conservación e melloramento do medio.

Principio 26.
É preciso liberar ao home e ao seu medio dos efectos das armas nucleares e de todos os demais medios de destrucción en masa. Os Estados deben esforzarse por chegar pronto a un acordo, nos órganos internacionais pertinentes, sobre a eliminación e destrucción completa de tais armas.