Prácticas : Vinculación

fotoorla

Valiñas Pereira

Realizou prácticas no IGADI entre marzo e xuño do ano 2024. Grao de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela, cunha gran interese nas áreas de cooperación internacional e márketing político.

carolina igadiopch

Aldea Arias

Estudante do Grao en Estudos en Asia Oriental da Universidade de Sevilla. Actualmente en prácticas no IGADI-Observatorio de la Política China.

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

fotoalexandrereyparrado

Rey Parrado

Colaborador do IGADI. Licenciado en Historia (USC) e Master en Seguridade, Paz e Conflitos Internacionais (USC e Centro de Estudos de Seguridade de Galicia).

12.

Ruiz Andrés

Mestrado en Estudos Chinés pola Universidade Pompeu Fabra e Licenciado en Historia pola UV. Foi profesor de Historia na Universidade de Valencia e de Relacións Internacionais na Universidade Internacional de Valencia. Investiga sobre temas de actualidade en China, a política chinesa ou os estudos culturais.

uxia

Davila Fernández

Realiza prácticas no IGADI. No último curso de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. 


Artigos de Davila Fernández, Uxía

A Covid-19 e a diplomacia dixital

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations
A Covid-19, sen dúbida, transformou o xeito de relacionarnos e comunicarnos. Todo o que sabiamos foi acelerado, reinventado e os impactos na diplomacia dixital non foron menores. Como xa falamos en artigos anteriores, ao longo das últimas décadas distintos acontecementos desenvolveron a diplomacia dixital, como parte da diplomacia pública e as relacións internacionais, fortemente impactadas …

Davila Fernández Read More »

Que é a diplomacia dixital?

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations
Cando falamos da diplomacia dixital, facemos referencia á consecuencia natural da evolución das comunicacións nos séculos XX e XXI, as cales dan lugar a unha nova forma de interacción entre actores internacionais, entidades ou organizacions internacionais. Neste sentido, a práctica da diplomacia a través das plataformas dixitais está principalmente enfocada en ampliar as mensaxes da …

Davila Fernández Read More »

marta

Álvarez Ares

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e é especialista en Diplomacia Deportiva. Realizou o Mestrado en “Xestión empresarial do deporte” da Universidade de Vigo. Combina o proceso de formación e especialización na materia coa competición a nivel nacional de judo e fútbol


Artigos de Álvarez Ares, Marta

Beneficios dunha estratexia de paradiplomacia deportiva galega

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacy
Como vimos no anterior artigo, en Galicia estanse a facer unha multitude de accións de carácter deportivo con impacto no eido exterior, mais que non contan cunha planificación previa que logre potenciar os resultados. A raíz dunha análise dos obxectivos e prioridades da acción exterior galega, serían varias as áreas nas que a implantación dunha …

Álvarez Ares Read More »

Por que unha estratexia de diplomacia deportiva para Galicia?

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacy
Ao longo desta serie sobre diplomacia deportiva fomos desenvolvendo algúns dos seus múltiples beneficios, dende un eido interno á proxección internacional, as relacións bilaterais ou a cooperación para o desenvolvemento. Tras facer un percorrido por eles, unha utilización organizada das ferramentas que ofrece o deporte pode parecer un recurso útil e beneficioso para a diplomacia …

Álvarez Ares Read More »

O deporte como propulsor do intercambio cultural

Apartados xeográficos Others
O restablecemento dos Xogos Olímpicos Modernos implicou unha evolución cara a universalidade do deporte, sendo a promoción dunha corrente internacional e internacionalizada das relacións humanas, que xerase coñecemento e comprensión entre os pobos unha das ideas básicas da restauración Coubertiana, e que avanzou da man coa constante evolución do deporte ata o escenario globalizado actual.

O deporte na loita polos dereitos humanos e o desenvolvemento

Apartados xeográficos Others
Os principios do Olimpismo, definen o deporte como unha filosofía de vida, asociada á cultura e a formación, que busca crear un estilo de vida baseado na alegría do esforzo, o valor educativo do bo exemplo e o respecto polos principios éticos universais, co fin de establecer unha sociedade pacífica e comprometida coa dignidade humana. …

Álvarez Ares Read More »

As relacións bilaterais na diplomacia deportiva

Apartados xeográficos Others
Nos últimos días, a axitación causada por uns vindeiros partidos de fútbol puxo na orde do día a relevancia da diplomacia deportiva, concretamente en torno a súa influenza nas relacións bilaterais. Kosovo, que declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia no 2008, é membro de pleno dereito do COI e da FIFA, non así da …

Álvarez Ares Read More »

Os mega-eventos deportivos: a ferramenta máis utilizada para a proxección internacional

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations
Da tregua olímpica ao branqueamento do fascismo, a organización dos grandes mega-eventos deportivos perseguiu moi diversos obxectivos ao longo da historia. Son principalmente os Xogos Olímpicos de Verán e a Copa Mundial de Fútbol os dous eventos deportivos internacionais cunha maior repercusión e popularidade,  mais non hai que esquecer o papel á alza dos seus …

Álvarez Ares Read More »

Obxectivos e ferramentas da diplomacia deportiva

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations
O Rugby potenciou a unificación social e a superación das consecuencias do Apartheid na Sudáfrica de Mandela[1], as olimpíadas de Berlín en 1936 foron unha frutífera ferramenta de branqueamento do réxime nazi[2], e a Asemblea Xeral das Nación Unidas adoptou diversas resolucións sobre o deporte ao servizo do desenvolvemento e da paz[3]. Son tan só …

Álvarez Ares Read More »

¿Que é a diplomacia deportiva?

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations
A ekecheiria ou tregua olímpica supoñía o cese de toda hostilidade entre as polis gregas durante o curso da celebración do festival deportivo de Olimpia, na Antiga Grecia. Este é, quizais, o símbolo máis claro e famoso da influencia do deporte na diplomacia, mais non o primeiro nin o último.  Xa os Maias  introduciron unha …

Álvarez Ares Read More »

Tokyo 2020 (+1) e Beijing 2022 no novo contexto internacional da COVID-19

Apartados xeográficos Others
Liñas de investigación International Relations
Dende que en 1896 Pierre de Coubertin inaugurara os primeiros Xogos Olímpicos Modernos, tan só as dúas Guerras Mundiais conseguiron evitar a realización de tres das súas edicións. A Covid-19 non logrou, polo momento, a súa cancelación, mais si fixo que por vez primeira na historia foran aprazados durante un ano. Tokyo acollerá en apenas …

Álvarez Ares Read More »

Khelladi, Leïna

Khelladi

Licenciada en Historia pola Universidade de Nantes en Francia (2016-2020). Realizou prácticas no IGADI coma estudiante de dobre titulación franco-española pola Universidade de Poitiers en ‘Actores e Institucións das Migracións’ e pola Universidade da Coruña ‘Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria’. Ademais das migracións, os seus intereses concéntranse na cooperación e solidariedade internacional.

silueta0

López Matas

É licenciada en Economía e ADE. Realiza prácticas no IGADI.

igadiannazizka

Zizka

Realiza prácticas no IGADI.