A 25 anos do golpe militar arxentino

Apartados xeográficos América Latina ARCHIVO
Idiomas Galego

Era un 24 de marzo de 1976 cando a “Operación Aries” derrubou o goberno de Mª Estela Martínez, viúva de Perón, coñecida como Isabelita. A Xunta militar integrada polo xeneral Jorge Rafael Videla, o almirante Eduardo Massera e o brigadier Orlando Agostini, tomaron a conducción do estado para suprimir dun plumazo o congreso e todas as actividades políticas.

Os militares afundiron, aínda máis a maltreita economía, fracturaron o país e deixaron un rastro, nos sete anos no goberno, de 30.000 mortos e desaparecidos, nunha das máis duras represións vividas polas dictaduras latinoamericas.

No era precisamente un modelo de democracia o que se vivía Arxentina. O violencia política e social tiña atemorizada a boa parte da poboación. A presidenta nin controlaba o seu goberno, nin dispuña da formación e capacidade como para levar as rendas do país. Tampouco a economía estaba no seu mellor momento, pero a chegada dos militares non fixo máis que axigantar o drama da sociedade. Segundo recolle o diario Clarín, durante os 2.818 días que durou a “Longa noite de pedra”, Arxentina viviu o peor dos infernos. Desapareceron 8.960 persoas, segundo o censo de casos documentados da Conadep e uns 30.00 segundo as estimacións das organizacións de Dereitos Humanos. A sucesión de cinco ministros de economía, multiplicou, precisamente por cinco, a débeda externa que pasou de 8.204 millóns a 45.000 millóns. A inflacción foi do 517.000%, isto é, unha coca-cola que custase 100 pesos no 76, valía no 83, 517.000 pesos.

Nunha última irresponsabilidade, que finalmente aceleraría a chegada da democracia, embarcáronse nunha guerra contra Gran Bretaña, coa escusa da recuperación das Malvinas e co obxectivo da unión das vontades no interior contra do “inimigo externo”, e para controlar, baixo a proclama da cuestión de estado, o escasos resortes aínda sen maniatar. A loucura pagouse con 648 vidas, traendo un maior desprestixio do goberno militar.

Mais no Cono Sur cando de fala de dictaduras non compre só ollar para os militares. É preciso pescudar na “Operación Cóndor” que pretendía a eliminación sistemática de toda subversión. Segundo recolle Carlos Ares en El País: “A verdadeira historia escribíase na sé da embaixada dos EEUU en Bos Aires…Os documentos secretos desclasificados no 1998 revelan que o embaixador Robert Hill e o nuncio apostólico Pio Laghi era informados paso a paso polos golpistas… A eles Hill anticipoulles o rápido recoñecemento dos EEUU.

Cúmprese un cuarto de século e un fallo xudicial ven de anular as Leis de Punto Final e Obediencia Debida que posibilitaron a impunidade de moitos verdugos. A sociedade reclama un “Nunca Más”, pide que se investigue ata as últimas consecuencias e que se lle faga xustiza. Máis ¿Haberá algún día no que esixan responsabilidades as internacionais? ¡Habelas houboas!