Terceiro artigo da serie "A globalización das linguas"
errogoogle

A importancia da traducción automática no contexto global

A tradución automática é unha rama da lingüística computacional que é definida por John Hutchins no Concise history of the language sciences: from the Sumerians to the cognitivists coma ‘computerized systems responsible for the production of translations with or without human assistance’. Esta vertente lingüística aumenta cada día debido á demanda desta como consecuencia da globalización. Tendo en conta o crecemento destes programas, e necesario saber como funcionan e saber sacarlle o mellor proveito a estas ferramentas.
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Otros
Idiomas Galego

A tradución automática é unha rama da lingüística computacional que é definida por John Hutchins no Concise history of the language sciences: from the Sumerians to the cognitivists coma ‘computerized systems responsible for the production of translations with or without human assistance’. Esta vertente lingüística aumenta cada día debido á demanda desta como consecuencia da globalización. Tendo en conta o crecemento destes programas, e necesario saber como funcionan e saber sacarlle o mellor proveito a estas ferramentas.

Todos coñecemos algunha das principais aplicacións que se empregan a tradución automática en liña como Google Translate ou Deepl, estes softwares están deseñados para traducir a máis de 100 idiomas no caso do primeiro e 26 idiomas no segundo. Trátase de programas para traducir textos ou oracións a través duns corpus lingüísticos (conxunto de textos no que se representa usos reais da lingua) realizado por persoas, mais as traducións dadas non están feitas por expertos na materia.

Mais non son soamente os propios tradutores en liña como os mencionados previamente os que poden facer esta tradución no momento, hai outras formas nas que esta acción é utilizada de maneira virtual. Entrando nunha páxina web desde o buscador Google, temos a opción de traducir automaticamente as páxinas web nas que entremos cando están nun idioma que non é o predeterminado do buscador, isto fai que persoas sen ningún tipo de coñecemento do idioma orixinal podan ser capaces de recibir a información que podes atopar en liña.

Nas redes sociais máis empregadas do mundo tamén podemos ver como é posible ter a tradución dun tweet ou unha publicación en Instagram con nada máis que pulsar na opción de ‘ver tradución’. Isto facilita moitísimo as comunicacións entre xente con diferentes linguas nativas xa que tes a capacidade de coñecer o que pensan ou fan persoas que están, as veces, a miles de kilómetros de onde estás ti.

Usar este tipo de ferramentas pode ser moi útil no contexto global, xa que, como mencionouse previamente, pode conectar a persoas de distintas partes do mundo con simplemente un movemento, mais isto pode ocasionar problemas cando se realizan traducións máis especializadas ou profesionais.

É certo que en moitas ocasións non é necesario a supervisión dunha persoa con coñecementos lingüísticos para estas traducións xa que moitas das búsquedas teñen unha interese estritamente persoal. O problema destas pesquisas nestes procesadores ven cando o texto a traducir ten un vocabulario máis profesional, académico ou mesmamente coloquial.

O feito que sexan máquinas e non persoas as que realicen estas traducións, fai que en moitas ocasións estas carezan de sentido ou sexan incompletas. Dependendo do tipo de texto ou oración que esteas a traducir, esta poder ter máis ou menos erros. Estas máquinas están creadas para simplemente traducir, sen ter en conta o contexto ou o ton no que este estivo pensado, polo que en ocasións é necesario que estos textos modificados sexan revisados por unha persoa con coñecementos tanto nos idiomas tanto A como B como no tema do que se está a falar no texto.

Nos anteriores artigos establecéuse a definición de conceptos como a globalización e a importancia que ten esta no aspecto lingüístico internacional. Explorouse o auxe que está a ter o chinés, concretamente do dialecto mandarín. No próximo artigo, falaráse da importancia no mundo global de outras dúas linguas globalizadas: o español e o portugués.