A pena de morte en Xapón

Xapón mantén a pena de morte, cousa verdadeiramente excepcional nos países avanzados. É máis, as execucións están aumentando nos últimos tempos. Mentres 94 países aboliron a pena de morte, 10 a manteñen para crimes como a deserción en tempo de guerra, a traizón, etc, e outros 35 manteñenna pero non a aplican, cando menos nos últimos dez anos1. En 2008 executaronse 15 penas capitais en Xapón. E ditaronse 46 sentenzas de pena de morte en 2007, o número máis elevado dende 1980 (27 sentenzas en 2008).

Xapón é o único país no mundo onde o propio pobo é quen pode elixir a pena de morte. O 3 de agosto de 2009 comezou a aplicación do novo sistema xudicial, conocido como “Saiban-in”. Os xaponeses maiores de 20 anos elixidos en sorteo teñen a obriga de participar nos xuizos criminais graves, con posibilidade de condenar a pena de morte, cadea perpetua ou similar. A opinión dun saiban-in equivale á dun xuiz. É dicir, é a propia cidadanía quen pode decidir, por si mesma, sobre a aplicación da pena de morte. Por iso, agora debemos reflexionar sobre a pena de morte máis ca antes.

Sen embargo, polo momento, a maioría dos xaponeses quieren que se manteña a pena de morte. Segundo a última enquisa de opinión pública feita pola Oficina do Goberno en 20042;
(A) 6.0% pensan que debe abolirse a pena de morte en calquera caso.
(B) 81.4% pensan que é admisible en función das circunstancias.
(C) 12.5% non opinan ao respecto.

O 50.4% de (A) alegan como razón que deberían purgar a súa culpa conservando a vida. O 39.0% de (A) din que sería irreparable de producirse un erro no xuizo. O 35.0% de (A) pensan que non debe permitirse matar a unha persoa, nin sequera ao Estado.

O 54.7% de (B) considera que debería expiar o seu crime coa propia vida cando se trata dun crime atroz. O 53.3% de (B) pensan que haberá máis atrocidades de suprimirse a pena de morte. O 50.7% de (B) di que asi se satisfai e compensa a dor da vítima e as súas familias.

Hai moitos xaponeses que aceptan a pena de morte. Pensan que así é máis efectiva a loita contra o crime. O 60.3% considera que aumentarán os crimes graves de suprimirse a pena de morte, mentres un 6.0% pensan que non aumentará (29.0% non saben). En comparación coa enquisa anterior de 1999, subiu a proporción de xaponeses que pensan que aumentarán os crimes atroces de suprimirse a pena de morte (en 1999 foi do 54.4%).

Na miña opinión, hai poucas posibilidades de abolir a pena de morte en Xapón, cando menos nos próximos anos, porque a maioría dos xaponeses a consideran necesaria. É difícil imaxinar que os políticos actúen en contra da opinión pública. Se ben hai moitas posibilidades de que cambie o poder político o 30 de agosto de 2009, o Partido Democrático de Xapón tampouco está a favor da abolición da pena capital.

O problema é se resulta lóxico que unha persoa con escasos ou nulos coñecementos de dereito pode declarar unha pena de morte. ¿Unha persoa sen coñecementos profundos da disciplina criminal ou penal pode optar pola pena de morte? Incluso una persona favorable á aplicación da pena de morte ¿pode ter nas súas mans a capacidade de dicidir sobre unha vida humana? Non se descarte que estas reticencias fagan diminuir o ditado de sentenzas de morte no inmediato futuro.