O líder revolucionario alxerino Ahmed Ben Bella recibe en Alxer a Ernesto “Che” Guevara en 1965.

Alxeria, 50 anos de independencia

O 5 de xullo de 2012 celebrouse o cincuentenario da independencia alxerina, unha xesta alcanzada por este pobo tras case medio século de colonización francesa iniciada en 1830, e oito anos de guerra de liberación a partir de 1954, que culminaron na firma dos acordos de Evián (Suíza) en 1962.

Apartados xeográficos Oriente Medio
Idiomas Galego

O 5 de xullo de 2012 celebrouse o cincuentenario da independencia alxerina, unha xesta alcanzada por este pobo tras case medio século de colonización francesa iniciada en 1830, e oito anos de guerra de liberación a partir de 1954, que culminaron na firma dos acordos de Evián (Suíza) en 1962.

O 5 de xullo de 2012 celebrouse o cincuentenario da independencia alxerina, unha xesta alcanzada por este pobo tras case medio século de colonización francesa iniciada en 1830, e oito anos de guerra de liberación a partir de 1954, que culminaron na firma dos acordos de Evián (Suíza) en 1962.

Como a India para a o imperialismo británico, Alxeria imprimía unha especie de simbolismo melancólico para o colonialismo francés. Non obstante, a súa guerra de liberación impulsada pola Fronte de Liberación Nacional (FLN) de Ahmed Ben Bella e Ferhat Abbas, non só serviu como referente independentista dentro do proceso de descolonización senón que significou un marcado desastre político para Francia, particularmente relevante na consecución da caída da V República francesa en 1958.

O líder revolucionario alxerino Ahmed Ben Bella recibe en Alxer a Ernesto “Che” Guevara en 1965.Este simbolismo alxerino e a súa sanguenta e heroica guerra de liberación foi, igualmente, un referente para clásicos pensadores da esquerda contemporánea como Frantz Fanon, oriúndo da Martinica francesa e autor do célebre libro “Os Condenados da Terra”, e do pensador francés Jean-Paul Sartre, os cales adoptaron publicamente unha posición contraria ao colonialismo francés. No caso de Fanon, esta implicación foi mais visible debido a súa presenza no país magrebí durante a guerra de independencia, a través do seu labor profesional como médico e ideolóxico como revolucionario.

Que balance presenta hoxe Alxeria tras medio século de independencia? A consolidación dun réxime de partido único en mans da FLN a partir da Constitución de 1963 definiu un sistema de marcado pretorianismo militar, onde a lexitimación da súa autoridade segue, incluso hoxe, manifestada polo imaxinario mítico revolucionario da etapa da guerra independentista, así como a consolidación dunhas elites provenientes do período revolucionario que obstaculizaron calquera disidencia e alternativa política.

Esta preponderancia do pretorianismo militar como forza tutelar dun goberno autoritario dirixido polo FLN non estivo exento de pasaxes de golpes de Estado e convulsión, particularmente a partir de 1992, cando o islamismo político da Fronte Islámica de Salvación (FIS) gañou as primeiras eleccións lexislativas democráticas, sendo de inmediato descoñecidas polas elites políticas e militares alxerinas. Esta ausencia de pluralidade e respecto democrático deu curso a unha cruenta e escura guerra civil entre os militares e as faccións radicais do FIS, en especial o Grupo Islámico Armado (GIA), e que deixou entre 1992 e 2000 aproximadamente medio millón de mortes.

Esta pesada herdanza derivada do sanguento pasado inmediato planea considerablemente na Alxeria actual, especialmente ante a dinámica de cambios presentados no Magreb e Oriente Próximo a tenor da Primavera árabe acaecida desde 2011, e a aparente docilidade ou inmunidade de penetración no contexto político alxerino.

O actual presidente alxerino Abdelaziz Bouteflika (ao centro) durante a celebración do 50º aniversario da independencia alxerina, o pasado 5 de xullo en Alxer.A incontestable autoridade do presidente Abdelaziz Bouteflika, no poder desde 1999, reproduce a preservación dos resortes de poder das elites políticas e militares da Alxeria contemporánea, matizadas por cambios constitucionais cosméticos. As eleccións lexislativas de maio pasado non anunciaron, como se esperaba, un ascenso dos movementos islamitas moderados e “domesticados” polo poder oficial, distanciados dos elementos radicais salafistas e yihadistas que pulularon no islamismo alxerino durante a “guerra sucia” dos anos noventa.

Con cambios cosméticos, Bouteflika impulsa unha incompleta reconciliación nacional mentres desactiva a eventualidade dunha contestación popular determinada pola crise económica, da desigualdade socioeconómica a pesar dos copiosos ingresos petroleiros e de gas natural, e da frustración da mocidade alxerina ante a inexistencia de alternativas de cambios políticos, un escenario que será potencialmente mais conflitivo cando o poder oficial teña que asumir a inevitable sucesión presidencial de Bouteflika.

O sociólogo alxerino Lahouari Addi sostén que “o réxime (…) proveniente dun movemento de liberación nacional, non superou a problemática da lexitimidade histórica nin adaptouse ás demandas das xeracións nacidas despois da independencia([1]). Unha opaco balance tras medio século de independencia que intensifica as incertezas sobre o futuro de Alxeria.


([1]) Argelia: 50 años de élite dirigente apoyada en la legitimidad y el petróleo, Univisión (EUA), 3 de xullo de 2012. http://www.univisionsandiego.com/noticia/2012/07/03/389506-argelia-50-anos-elite-dirigente-apoyada-legitimidad-petroleo.html