ATTAC: Un imposto mundial sobre os movementos de capitais

A finais do 1997, Ignacio Ramonet lanzou, dende as paxinas de Le Monde Diplomatique, a proposta de retomar a idea do premio Nobel de Economía J.Tobin, para controlar o fluxo mundial de capitais, de fixar unha pequena taxa sobre os mesmos. Remata de constituírse en Francia a ATTAC (Acción para unha Taxa Tobin de Axuda aos Cidadáns).

"A globalización financeira agrava a inseguridade económica e as desigualdades sociais". Así comeza o Primeiro Manifesto de ATTAC lanzada dende as paxinas de Le Monde Diplomatique polo seu director o redondelán Ignacio Ramonet. O escrito remata:

"Con esta finalidade, proponse crear a asociación ATTAC (Acción para unha Taxa Tobin de Axuda aos Cidadáns) que permitiría producir e difundir a información para actuar en común, tanto nos países respectivos como aos niveis europeos e internacional, con vistas a frear a especulación internacional, taxar as rendas de capital, sancionar aos paraísos fiscais, impedir a xeneralización dos fondos de pensións e de forma xeral, reconquistar os espacios perdidos para a democracia en beneficio da esfera financeira e oporse a calquera novo abandono da soberanía dos estados co pretexto do "dereito" dos inversores e dos comerciantes. Trátase simplemente dunha reapropiación colectiva do porvir do noso mundo."

No nº 4, primavera de 1998, do Tempo Exterior o colaborador do Iago Santos analizaba a proposta do ATTAC.