patrick leahy

Baixo sospeita

Apartados xeográficos Otros ARCHIVO
Idiomas Galego
 Patrick Leahy, clic para aumentar
É lóxico que o senador demócrata, Patrick Leahy, dixera que "cómpre saber que está facendo o noso goberno para espiar aos estadounidenses".
 

Son moitas irregularidades xuntas: voos secretos de avións da CIA, torturas sen control e ao abeiro de decisións presidenciais tamén sen control, espionaxe telefónico, limbos legais, espionaxe económico… Unha democracia onde tal ocorre non pode estar senón baixo permanente sospeita.

É lóxico que o senador demócrata, Patrick Leahy, dixera que "cómpre saber que está facendo o noso goberno para espiar aos estadounidenses". As explicacións de Cheney, e outros, non dan razóns e só se limitan a dicir que as decisións son legais porque non tenden máis que a mirar pola seguridade dos cidadáns.

Primeiro creouse o medo e logo a inseguridade. E a xente creu no primeiro e acreditou na segunda. E xustifica calquera medida se os libera de ámbolos dous. Pero unha democracia baixo sospeita pode chegar a ser dubidosa. E se esas medidas seguen, á parte do efecto dominó que ao cabo teñen, é claro que o risco de golpe de estado permanente é un feito. E a democracia, que tanto ten custado e custa ir construíndo, vai recuar.