Unha análise de Yuri Fraccaroli

Brasil: a imprevisible traxectoria de Dilma no seu segundo mandato

Neste último domingo (08/03), a presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, realizou o esperado pronunciamento oficial en cadea de radio e televisión nacional con duración aproximada de 15 minutos. O discurso da petista era ansiosamente esperado debido ao crítico momento que vive o país, que diariamente lida con unha diversidade de problemas económicos e políticos, que ten como protagonistas a crecente valorización do dólar ante ó Real, e do caso de corrupción coñecido como Lava Jato, que envolve a xigante estatal Petrobras e case tódolos partidos políticos mais importantes no escenario nacional.

Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
Apartados xeográficos América Latina
Idiomas Galego

Neste último domingo (08/03), a presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, realizou o esperado pronunciamento oficial en cadea de radio e televisión nacional con duración aproximada de 15 minutos. O discurso da petista era ansiosamente esperado debido ao crítico momento que vive o país, que diariamente lida con unha diversidade de problemas económicos e políticos, que ten como protagonistas a crecente valorización do dólar ante ó Real, e do caso de corrupción coñecido como Lava Jato, que envolve a xigante estatal Petrobras e case tódolos partidos políticos mais importantes no escenario nacional.

No marco das conmemoracións do dia internacional da muller, aínda que inicialmente teña dirixido seu discurso ás mulleres brasileiras, o que de feito fixo Dilma foi unha forte defensa de seu goberno fronte ás constantes acusacións de que o país atravesa unha grave crise económica. Con clara crítica aos medios de comunicación e sectores alarmistas, o argumento da presidenta era que malia diferente do recente vigoroso pasado económico do país, o Brasil actualmente viviría un problema conxuntural en razón da “crise mais severa desde 1929” que agravouse pola “coincidencia coa maior seca na historia do país”.

Con destaque ao bo desempeño do país ante a crise económica internacional, comparando con outros países, a presidenta pediu a confianza dos brasileiros e garantiu a protección de seus dereitos laborais e a economía do país. Sen embargo, a estratexia parece non haber funcionado ben. Organizado e previamente divulgado polas redes sociais, o que nalgunhas cidades se escoitou foi un “cacerolazo” simultáneo ao discurso da presidenta. Aínda baixo a resaca política do episodio de domingo, onte (10/03), en presenza en evento internacional dedicado ao sector da construción realizado en São Paulo, mesmo considerada a “nai” do PAC (Programa de Aceleración do Crecemento) e do programa Miña Casa, Miña Vida, que proveron moitas obras ao sector, a presidenta foi fortemente apupada polo publico presente.

Por mais que a impopularidade da presidenta e a insatisfacción coa súa política económica non sexan novidades de seu segundo mandato, a estreita vitoria nas eleccións de 2014 parece ter complicado en moito súa situación, co traslado a unha posición política aínda mais difícil. Alén da pesada disputa electoral e a intensidade pola que a sociedade brasileira a absorbeu e segue por ela envolvida, o sector financeiro xa sinalaba certo pesimismo, así como enxergaba os contornos das complicacións inherentes a esta vitoria tan apertada.

A axencia Moody’s[1], en relatorio, destacaba a relación entre a polarización do electorado brasileiro e a política económica, que se materializaría nun grande desafío de, ao mesmo tempo, agradar aos electores do Partido dos Trabalhadores (PT), partidarios de maiores gastos sociais, e rescatar a confianza de investidores internacionais coa promoción dun crecemento a medio prazo, e claramente, coa necesidade dunha política económica mais austera. Neste sentido, a queda do entón ministro da facenda Guido Mantega e o nomeamento de Joaquim Levy xa demostraron a difícil seara que pasaría a percorrer Dilma.

Debido á súa formación na Escola de Chicago, antes de asumir o cargo, Levy xa era claramente identificado con unha visión económica mais austera, o que subitamente xerou unha onda de críticas de sectores mais á esquerda, ironías por parte da dereita e que tampouco causou grandes suspiros no mercado financeiro. Co anuncio dunha serie de medidas de axuste fiscal, foran confirmadas as xa esperadas fisuras entre as promesas de campaña e a política económica a ser implementada de feito, que deixaba claro que a pesar da retórica electoral[2] de que o país ía ben economicamente, a realidade era outra.

Así como na dimensión económica, outras mudanzas no seu equipo ministerial produciron indignación. Mais alá da redución do espazo do PT na Esplanada dos Ministerios, os nomeamentos de Kátia Abreu para a Agricultura e de Gilberto Kassab para Cidades confirmaron unha pésima realidade para todos os sectores que esperaban un goberno mais progresista e capaz de dialogar coa sociedade, tendo en conta os protestos de 2013  e a polarización do proceso electoral.  Esta situación definitivamente minou a súa lexitimidade perante moitos dos sectores sociais que a apoiaron nas eleccións e esperaban unha maior capacidade de diálogo e comunicación, tamén prometido no discurso de vitoria.

Se a situación parecía imposíbel empeorar, as derrotas sufridas polo goberno no Lexislativo esvaeran calquera razón das correntes xustificativas ao modus operandi petista, que desde os tempos de Lula xa encontraba moitas dificultades para lidar coas incoherencias do pacto de goberno co Partido do Movemento Democrático Brasileiro (PMDB). Se no goberno Lula e no primeiro mandato de Dilma, a “alta gobernabilidade” xustificaba en grande medida as concesións petistas en temas socialmente intensos (dereitos de xénero, dereitos humanos, etc.) e as alianzas con políticos como José Sarney e Renan Calheiros, o segundo mandato de Dilma se iniciou coa perda da súa base de goberno, que xa viña ameazada desde seu primeiro mandato con constantes conflitos entre petistas e peemedebistas. Coa derrota de Chinaglia para a presidencia da Cámara, o PT ficou sen ningún cargo na Mesa Directora (recurso utilizado no período electoral), e agora sofre os impactos resultantes da estratexia de campaña e os problemas co PMDB.

Así como a futura situación de Brasil, é imprevisible o futuro de Dilma Rousseff. Bombardeada pelos medios, sectores económicos e oposición, a presidenta aínda conta con baixo índice de aprobación popular. Unha vez identificada con unha política de austeridade e co envolvemento do seu partido coa corrupción na Petrobras, Dilma tamén sofre crisis de lexitimidade co seu electorado. En suma, a curto prazo, non hai de ningún lado expectativa de mellora.

E a próxima batalla da via crucis que parece percorrer Dilma xa ten data marcada: 15 de marzo. Evento divulgado polas redes sociais - e tamén pola prensa - parte da poboación brasileira irá ás rúas co pedido do impeachment, hipótese que xa fora levantada polo Instituto do ex-presidente Fernando Henrique Cardoso en consulta ao xurista Ives Gandra. Sen contar co mecanismo de recall, do punto de vista constitucional, non habería actualmente posibilidade para un impeachment. Politicamente, tampouco existe o apoio formal do principal partido de oposición. Entre tanto, a efervescente activación política da sociedade brasileira pode ser decisiva neste proceso, así como a pescuda das acusacións de desvío de recursos da Petrobras para a campaña de 2010 de Dilma.

É un feito que o PT vive unha crise sen precedentes na súa recente historia. O debate é intenso e variado, altamente polarizado entre a esquerda e a dereita, e tamén fragmentado internamente. Por un lado, alegacións de que se trata de golpismo, de udenismo, e por outro, acusacións de incompetencia de xestión, falta de capacidade comunicativa e de responsabilidade. Sobre a conxuntura xeral, hai quen identifique o esgotamento do lulismo, como Valdimir Safatle, ou, como apunta Ruda Ricci, a crise decorre da propia incapacidade de dialogar coa rúa e movementos sociais, que por fin, son as orixes do PT.

Sobre a activación popular, odio de clase para Bresser-Pereira e Juca Kfouri; insatisfacción popular lexitima para sectores mais identificados á dereita como Diogo Mainardi e Antonio Villa. Sen embargo, todas as visións coinciden nun feito: na actual conxuntura económica, social e política, é imposíbel saber de que maneira o goberno Dilma reaccionará e ata cando durará seu mandato.

 



[1] Vitória estreita de Dilma impõe desafios, diz Moody's. Disponível em http://exame.abril.com.br/economia/noticias/vitoria-estreita-de-dilma-impoe-desafios-diz-moody-s.

[2] É importante recordar que a economía monopolizou o proceso electoral brasileiro de 2014, figurado polo embate entre os economistas Guido Mantega, ministro de Dilma, e Armínio Fraga, xefe do sector económico da campaña de Aécio Neves (PSDB), con visións económicas completamente distintas.