20050606bush insulza oea fort lauderdale

Bush na OEA

 Bush e José Miguel Insulza, clic para aumentar
Consciente da perda de influenza hemisférica, especialmente reflectida trala longa e tumultuosa designación do novo secretario xeral, o chileno José Miguel Insulza, o presidente Bush intentou acercar posicións cos países latinoamericanos e do Caribe. Ademais do sistema democrático, o seu enfoque centrouse máis en defender o ALCA e o libre comercio, polo que os seus apoios non foron xerais.
 

Existe unha marcada fractura entre os 34 estados membros da Organización de Estados Americanos. A OEA, deseñada en tempos da "guerra fría" como mecanismo de control hemisférico para evitar o expansionismo soviético, vive momentos de definición nun novo contexto xeopolítico internacional. A derradeira Asemblea Xeral do organismo en Fort Lauderdale, Florida, deixou varias interrogantes no escenario, especialmente cara a resolución de conflitos en países en crise como Bolivia, Ecuador e Venezuela, e a potencialidade da democracia rexional e a integración económica.

A intervención do presidente George W. Bush tamén revelou cales son os intereses de Washington. Bush falou dun reforzamento do sistema democrático e sostivo a estratexia de facer da OEA un organismo de vixilancia da democracia nos países da rexión, coa creación dun Observatorio Democrático Interamericano. Neste sentido, a estratexia consiste no fortalecemento da Carta Democrática Interamericana de 2001, coa finalidade de impulsar unha acción conxunta para a prevencións de crises.

Este e outros puntos provocaron, dende hai varios meses, unha intensa confrontación diplomática e política entre EEUU e Venezuela, cun alarmante deterioro nas súas relacións, e resultaba claro que esta Asemblea da OEA sería o escenario máis proclive para afondar nese enfrontamento. Aínda que Bush non mencionara ao goberno de Hugo Chávez, o chanceler venezuelano Alí Rodríguez apresurouse en calificar a estratexia de Bush como un móbil para intervir en Venezuela e afectar a súa soberanía.

As palabras do presidente estadounidense tan só fixeron unha referencia clara e directa: Cuba. Dun xeito inédito e citando a próceres da independencia hispanoamericana como José Martí e José de San Martín (coidou moito de non mencionar a Simón Bolívar), Bush expresou que "algún día a ola da democracia se achegará ás costas de Cuba". Neste sentido, ¿ten agora Bush unha política definida sobre cómo tratar ao réxime de Fidel Castro?

A proposta de Bush semella non ir polo camiño da aceptación dos demais países suramericanos, especialmente Venezuela, pero tamén Brasil. Xa o chanceler brasileiro criticara esta medida mentres o presidente venezuelano Hugo Chávez anunciou que Washington recollería unha derrota na votación final. Para atallar a presión norteamericana, Chávez ven conformando unha estratexia diplomática rexional favorable á súa revolución e afondando os seus apoios suramericanos, especialmente desde Brasil, Arxentina e Uruguai.

Previo á asemblea, Bush recibiu á líder opositora venezuelana María Corina Machado, quen tamén se entrevistara coa secretaria de Estado Condoleeza Rice. Machado é dirixente da organización Súmate, que recolleu os asinamentos para o revogatorio de Chávez e mantén a súa denuncia dun fraude gubernamental nese referendo. O goberno Bush brindoulle apoio ás súas demandas pola vixilancia da democracia venezuelana. Con este escenario, as posicións entre Washington e Caracas semellan agora ben definidas.

Consciente da perda de influenza hemisférica, especialmente reflectida trala longa e tumultuosa designación do novo secretario xeral, o chileno José Miguel Insulza, o presidente Bush intentou acercar posicións cos países latinoamericanos e do Caribe. Ademais do sistema democrático, o seu enfoque centrouse máis en defender o ALCA e o libre comercio, polo que os seus apoios non foron xerais. Ten ao seu favor aos países centroamericanos e andinos (quizais a excepción de Bolivia, onde simultaneamente a crise nacional provocou a renuncia do presidente Mesa) pero en contra a Cuba (que non é membro da OEA), Venezuela e o eixe brasileiro no Mercosur. Manter esta tendencia sen rectificación do ALCA podería ser un erro custoso para a administración Bush.

No fondo, a Asemblea Xeral da OEA non deixou avances significativos nas futuras estratexias de acción. O novo secretario xeral Insulza terá unha enorme responsabilidade de acercar a posición estadounidense en relación cos demais países latinoamericanos e crear unha estratexia crible a curto prazo, ante a proliferación de crises rexionais nun hemisferio política e socialmente en fase de cambio. No caso contrario, a OEA corre o risco de afondar a súa sensación de inefectividade e inoperancia.