Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Oitava Parte
agenda for peace

Cales son os principais desafíos aos que se enfrontan as NNUU de cara a celebración do Cumio do Futuro? A resolución de conflitos (Oitava parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.
Apartados xeográficos Cooperación al desarrollo

Un feito claro é que o Cumio do Futuro é unha gran oportunidade para mellorar moitos aspectos da cooperación internacional, mais tamén é un gran desafío ao que debemos enfrontarnos. Os problemas internacionais son moitos e acumúlanse desde hai tempo sen solucións.

De cara ao Cumio hai moitas pedras no camiño que deben superarse para a súa utilidade e que este poida ser unha ferramenta que axude a superar os conflitos actualmente en curso. A pesar de non ser o Cumio unha data destinada especificamente para a resolución de conflitos, si que a instauración dunha nova axenda para a paz dentro dos temas centrais do Cumio, non pode obviar o escenario actual, con guerras e conflitos armados medrando arredor do planeta.

Desafíos principais

Dous dos grandes desafíos aos que se enfronta o panorama internacional e nos que a ONU, e mais especificamente o Consello de Seguridade, estivo mais involucrada, son a Guerra na Ucraína e o proceso aberto por xenocidio en Palestina.

A Guerra de Ucraína, que comezou coa invasión de Rusia o 24 de febreiro de 2022, envolveu a ONU, tanto na proporción de axuda humanitaria, como na condena dos ataques ou as distintas iniciativas de paz. O 24 de marzo de 2022 a Asemblea Xeral pediu un alto o fogo en Ucraína, mais a súa reclamación non tivo efecto algún. De cara ao Cumio do Futuro, esta guerra é un gran desafío, xa que é un conflito que leva máis de dous anos de duración, no cal a ONU non foi capaz de remitir ningún dos seus esforzos con éxito. Ademais, a natureza do mesmo ten a ameaza nuclear dentro dos escenarios posibles.

Sen lugar a dúbida, o desafío mais imperante ao que se enfronta a ONU na actualidade e ao que se leva enfrontando durante décadas é o conflito en Palestina. A través das súas múltiples resolucións e esforzos diplomáticos, ten buscado unha solución, mais os enfrontamentos e a falta de consenso entre as partes involucradas teñen dificultado calquera avance significativo. A situación humanitaria na rexión é crítica e o cumio pode ser unha oportunidade para reavivar os esforzos internacionais cara a unha paz duradeira.

A pesar de que a ONU emprendeu a misión de recoñecer a Palestina como membro de pleno dereito, esta non foi con éxito, xa que debido a estrutura e as regras do Consello de Seguridade a decisión dun único país bloqueou por completo o recoñecemento. Esta foi a decisión de EEUU, que exerceu o seu poder de veto como un dos cinco membros permanentes.

Nesa mesma reunión o embaixador de Israel na ONU triturou a carta fundacional desta como símbolo de rechazo ante a proposta desta de ampliar os dereitos de Palestina e recoñecer a súa plena membresía. Unha acción moi controvertida que polo que se sabe ata esta data non tivo repercusión algunha para o embaixador dentro da ONU.

A pesar disto, o 4 de xuño de 2024, a ONU invitaba aos seus estados membros a recoñecer o Estado de Palestina, seguindo o exemplo de países como España ou Noruega. Podes ler máis sobre esta longa historia no ensaio de Bichara Khader “Palestina, a traxedia permanente (1946-2024): Unha chamada para espertar a Europa” que o IGADI publicou en galego o día das Letras Galegas.

Solucións no Cumio do Futuro

Entón a pregunta é: que se podería facer dende o Cumio do Futuro para contribuír a resolución destes conflitos?

De maneira xeral é imperante levar a cabo unha reforma do Consello de Seguridade da ONU, limitando o poder de veto dos países fundadores en situacións de crises humanitarias graves, nas que se este a dar unha masacre sobre un grupo determinado de poboación. Aínda que de difícil solución, a reforma do Consello de Seguridade fai parte das múltiples axendas do Cumio.

Tamén, a Nova Axenda para a Paz, un dos temas máis agardados do Cumio, propón incluír medidas especiais para a creación de grupos específicos destinados exclusivamente a xestión destes dous conflitos. Pese a non ser o Cumio un evento conducido a este obxectivo, o contexto da invasión de Gaza e o proceso por xenocidio a Israel e a Hamas, podería servir para recoñecer ao Estado palestino e protexer a súa poboación. Da mesma maneira, para condenar de maneira contundente a guerra en Ucraína, tamén sen deixar de ofrecer axuda humanitaria en ambos territorios.

O principio de solidariedade1 debe impregnar todas as iniciativas ou propostas orixinadas no Cumio do Futuro. Un principio básico do dereito internacional esencial para facer fronte aos desafíos globais, que parece que a humanidade tende a esquecer en certas ocasións.

1 Naciones Unidas, “El Derecho a la Paz,” Consejo de Derechos Humanos, 9ª Sesión, Documento A/HRC/AC/9/4, 2012.