20060430gualeguaychu abrazo conca rio uruguai026

Celulosas? Si, grazas!

Apartados xeográficos América Latina ARCHIVO
Idiomas Galego
 Papeleras: 100.000 manifestantes en Gualeguaychú, clic para aumentar
Papeleras: 100.000 manifestantes en Gualeguaychú, clic para aumentar
Cando ningunha das celulosas en construción era aínda un xérmolo, ou un proxecto, o Goberno de Montevideo xa apoiara un descomunal proxecto do Banco Mundial para encher de forestas de eucaliptos ao país. Política de monocultivo, con 700.000 ha plantadas, sen ter feito avaliación de impacto ambiental algunha, nin deseño de estratexias para a preservación do bosque autóctono ou das selvas naturais. (Fotos: 100.000 manifestantes protagonizaron o 30 de abril de 2006 o "Abrazo pola conca do río Uruguai", marcha a pé e en todo tipo de vehículos ao longo de 40 quilómetros desde a cidade arxentina de Gualeguaychú ata a fronteira con Uruguai. ©Fundación Proteger).
Papeleras: 100.000 manifestantes en Gualeguaychú, clic para aumentar
 

Decepción e calma en Gualeguaychú, Capital da Provincia arxentina de Entre Ríos e núcleo irradiador das protestas medioambientalistas contra das celulosas de Ence e Botnia, ao pé da cidade charrúa de Fray Bentos.

O fallo inapelable do Tribunal Internacional da Haia, rexeitaba o pedimento do goberno arxentino de paralizar a construción das celulosas, mentres non se dirimise a cuestión de fondo do conflito: a presunta violación do Estatuto do Río Uruguai (1975), que no seu artigo 7 prevé que antes de acometer ningún tipo de emprendimento que potencialmente impacte no medioambiente, compre realizar consultas á nación veciña.

O conflito hai tempo que deixou de ser unha disputa entre ecoloxistas e industrias depredadoras, entre medioambientalistas e esquilmadores, entre progresistas e liberais. Pasou a converterse nun litixio fronteirizo que fixo aboiar todas máis elementais pasións patrióticas, entre veciños con desigual poderío.

Estes días chegaba a Galicia, convidado polo Fondo Galego de Cooperación, o prestixioso director do Instituto do Terceiro Mundo, o mediambientalista uruguaio Roberto Bissio, quen manifestaba "Os sectores máis sensibilizados co desenvolvemento sostible, foron enmudecendo progresivamente, diante da enxurrada esmagante de pronunciamentos favorables na defensa da cuestión nacional das celulosas". "Pronunciarse en contra podería ser interpretado como traizón fronte ao asoballamento dos poderosos veciños arxentinos". "Ence e Botnia quebraron, debilitaron e enmudeceron ao movemento ecoloxista uruguaio".

Dende hai décadas, na beira Oriental do Río Uruguai, existen poderosas razóns para alzar a voz contra do monocultivo do eucalipto. Cando ningunha das celulosas en construción era aínda un xérmolo, ou un proxecto, o Goberno de Montevideo xa apoiara un descomunal proxecto do Banco Mundial para encher de forestas de eucaliptos ao país. Política de monocultivo, con 700.000 ha plantadas, sen ter feito avaliación de impacto ambiental algunha nin deseño de estratexias para a preservación do bosque autóctono ou das selvas naturais.

Pero a marea a favor dos investimentos e dos postos de traballo xerados polas celulosas non remata de subir. A medida que Arxentina endurecía as medidas de bloqueo de fronteiras. Entre o 60 e o 80% dos uruguaios teñen unha posición favorable á chegada dos grupos Ence e Botnia. A favor da marea navegan non só os grupos económicos e empresariais, senón que tamén está montado o goberno da Fronte Ampla. Resulta significativo que a construción das xigantescas factorías, das maiores do continente, sexa defendida vehementemente polo primeiro goberno de esquerdas post-dictatorial no que están integrados socialistas, comunistas, ex-tupamaros… por poderosas organizacións sindicais como a PIN-CNT ou por movementos sociais de base.

Os 496 km de fronteira fluvial que separan Arxentina e Uruguai semellan hoxe máis distantes, perigosos e fondos que nunca.

Na verdade, na marxe occidental, teñen motivos demais, para considerar que o seu pequeno veciño colateral actuou de xeito unilateral. Dende Arxentina poden considerar que as celulosas son un negocio ruinoso para o futuro dun río en estado natural, cousa que os galegos comprendemos á perfección, cando ollamos cada día para a Ría de Pontevedra.

Mais neste espiñento conflito compre un esforzo por delimitar os temas de controversia, por identificar as estratexias políticas da vida local, os calendarios electorais e a utilización partidaria da causa medioambiental. É difícil de entender que se lle esixa ao veciño o que non se cumpre nas fábricas produtoras de pasta de celulosa arxentina. Cando no interior existen grandes cuestionamentos ambientalistas ou veciñais nas fábricas: Alto Paraná (Misións), Porto Piray (Misións), Papel Misionero (Misións), Celulosa Arxentina (Santa Fé), Papeleira do Tucumán (Tucumán), Ledesma (Jujuy)…

Arxentina e Uruguai están no seu dereito de defender os seus respectivos intereses, mesmo cando incorren en evidentes contradicións ideolóxicas ou de praxe de protección medioambiental.