Complicidade

Apartados xeográficos Oriente Medio ARCHIVO
Idiomas Galego

Pensan algúns, á vista da desfeita que está sendo a guerra de Irak, que os EEUU están gobernados por incompetentes: incompetencia é islamizar o Irak laico, crear terrorismo onde non o había, continuar en Abu Ghraib as brutalidades de Hasam, levar a Irak a unha guerra civil e ó mundo enteiro á inseguridade do terrorismo.

Pero é que hai algo aínda máis grave que se pode apoñer ós ditos gobernantes: que reproduciron e puxeron ó día actos tan noxentos como os que foron xulgados polo Tribunal Internacional de Nürenberg para os criminais nazis: crimes de guerra e crimes contra a humanidade. E todo co silencio dos ben pensantes e as bendicións do Sr. Glucksmann, e outros.

Pode que unha guerra tan inmoral nos estea levando ó peor: a aceptación pasiva da mesma, como se xa nos tivésemos esquecido da inmoralidade do seu inicio ou nos tivésemos acostumado á súa inhumanidade. Se así for, a culpabilidade xa non sería tan só dos invasores. Sería de toda a nosa sociedade, que a estaría consentindo. Para a nosa vergoña.