Zainichi é un termo xaponés composto polos caracteres «dentro» e «sol», cuxo significado literal pode entenderse como «en/dentro de Xapón». Con esta expresión facíase referencia aos residente estranxeiros pero co paso do tempo, e debido a unha serie de circunstancias socio-políticas, foi aplicado no Xapón ás persoas orixinarias a península de Corea a aos seus descendentes.
Na década de 1920 a economía xaponesa experimentou unha falla de man de obra que provocou unha corrente migratoria procedente de Corea, país que en 1910 fora anexionado polo Xapón. No 1930, os coreanos étnicos constituían importantes bolsas de poboación nas principais cidades xaponesas. Como a miúdo seus salarios eran máis baixos que os xaponeses e eran discriminados por estes, concentráronse en guetos. Entre 1920 e 1930 a cifra de coreanos no Xapón ascendía a un total de 419.000 persoas.
O comezo da Segunda Guerra Mundial cambiou os parámetros dos fluxos migratorios pasando estes, inicialmente voluntarios, a ser forzados. No período 1939-1945 as autoridades niponas trasladaron ao seu territorio a entre 700.000 e 800.000 coreanos. Destes, en torno a 239.000 resultaron mortos ou feridos nos combates e outros 30.000 faleceron na explosión da bomba atómica en Hiroshima. Trala vitoria aliada entre 1 e 1.4 millóns de coreanos étnicos abandonaron Xapón permanecendo no país en torno a 600.000 Zainichi.
O Xapón é un país cuxa Lei de Nacionalización réxese polo sistema de ius sanguinis, isto é, que solo se adquire a nacionalidade tendo un lazo sanguíneo directo cun antepasado xaponés. Como tampouco contempla a dobre nacionalidade, a consideración legal dos Zainichi foi a de estranxeiros.
Nese contexto, en 1955 púxose en marcha a Asociación Xeneral de Residentes Coreanos en Xapón tamén coñecida pola abreviatura en coreano de Chongryon a cal estaba baixo a supervisión da Oficina 255 da Fronte Unida do Partido dos Traballadores de Corea.[do Norte].
Chongryon foi impulsando de maneira paulatina a idea do retorno a Corea do Norte que naqueles intres tiña un maior nivel de desenvolvemento que seu veciño do Sul. Seus medios de comunicación prometían aos Zainichi mellores empregos, educación e vivenda e presentaban coma luxos o estilo de vida do «paraíso socialista» ao norte do paralelo 38.
Esta tarefa de pura propaganda no foi exclusiva de Chongryon xa que dende os medios de comunicación do Xapón difundíase unha imaxe moi positiva de Corea do Norte enfatizando que aqueles que se trasladasen alí terían unha existencia máis segura en cómoda que no Xapón.
En agosto de 1958 o líder norcoreano Kim Il-sung chamou aos coreanos residentes no Xapón a «regresar a patria socialista». En febreiro de 1959 o goberno nipón anunciou que pediría axuda ao Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV) para que supervisase un proxecto para repatriar a Corea do Norte a aqueles que o desexasen. En agosto de 1959 púxose en marcha o «Movemento de Retorno ao Paraíso» sendo, paradoxicamente, Corea do Sul o único país que se amosou contrario á medida.
O 14 de decembro de 1959 o primeiro barco de repatriación, proporcionado pola Unión Soviética partiu do porto de xaponés de Niigata cara o de Cheongjin en Corea do Norte. Só nas dúas últimas semanas de decembro de 1959 en tres viaxes 2.942 persoas foron trasladadas a territorio norcoreano. Estas persoas foron de varias formalidades antes do inicio da viaxe incluído unha «confirmación de libre albedrío» por parte do CICV e formaron un continxente de 60.000 viaxeiros –só no ano 1960- acadando un total de 93.340 persoas no chamado «proxecto de repatriación»[ 帰国事年, 북성事年] que se estendeu dende decembro de 1959 ata xulio de 1984.
Estas persoas en realidade non «retornaban», strictu sensu, a súa terra de orixe xa que, a excepción dalgúns que se criaron no norte da península de Corea no período en que esa terra era unha colonia do Xapón, a inmensa maioría dos retornados non tiñan seus ancestros nesas coordenadas xeográficas e, salvo os coreanos de primeira xeración, moitos nin xequera dominaban o idioma. Precisamente pola súa orixe, ou seongbun, foron obxecto de sospeitas o cal lles impediu adquirir por exemplo o status de membro do Partido ou de postos gobernamentais. Outros, os menos seguramente, adaptáronse ao modelo de cidadanía norcoreana.
O artigo número 3 do Protocolo de Palermo define a trata de persoas coma: o recrutamento, transporte, traslado, acollida ou recepción de persoas, mediante a ameaza ou o uso da forza ou outras formas de coerción, de secuestro, de fraude, de engano, de abuso de poder ou de posición de vulnerabilidade ou de dar ou recibir pagos ou beneficios para lograr o consentimento dunha persoa que ten control sobre outra persoa, con fins de explotación.
Pode que «trata de persoas» en toda a extensión do termo puidese ser un tanto esaxerado pero non é menos certo que algunhas características deste episodio histórico encaixarían sen problemas nestas definición. O que no deixa lugar a dúbidas e que, neste contexto, por circunstancias diversas, para os intereses dos gobernantes nipóns e norcoreanos foi unha sorte de win-win.
Masaje Ishikawa , autor de «Un río na escuridade. A fuxida dun home de Corea do Norte» é fillo de pai coreano e nai xaponesa. El fixo esa viaxe en 1960, cando tiña 13 anos de idade permanecendo 36 anos en Corea do Norte ata que fuxiu do país e acabou, non se grandes dificultades, establecéndose, tamén con no poucas dificultades, no Xapón.
Para Ishikawa, Xapón, que trouxo a o seu territorio a miles de coreanos contra a súa vontade no período colonial para ser empregados coma man de obra escrava e carne de canón librábase dunha masa de poboación de estrato pobre susceptíbel, por razóns obvias, de converterse nun problema social; Corea do Norte pola súa banda, quería amosar ao mundo súa superioridade ante os seus veciños do Sul mediante a poderosa imaxe que supuñan miles de cidadáns «retornando» a «casa» no que Kim Il-sung definiu coma «A Gran Marcha Adiante».
Masaje Ishikawa definiu moi ben estes feitos: «¿O Comité Internacional da Cruz Roxa sabía algo de todo aquelo? ¿Sabíao Estados Unidos?¿A ONU? Si, si e si. ¿E que fixeron ao respecto? Nada» (…) « Nos primeiros días da chamada repatriación, unhas setenta mil persoas saíron do Xapón e cruzaron o mar ata Corea do Norte. Salvo por unha breve interrupción de tres anos e medio, o proceso continuou ata 1984. Durante ese período o redor de cen mil coreanos e dúas mil esposas xaponesas cruzaron a Corea do Norte. Unha emigración masiva de tres pares de narices. De feito, era a primeira vez na historia (e a única) que tanta xente dun país capitalista se mudaba a un país socialista».