20030409 bagdad derribo estatua saddam hussein

Desconcerto xeral

Apartados xeográficos Estados Unidos ARCHIVO
Idiomas Galego
 Derribo estatua Saddam Hussein, clic para aumentar
De agora en diante os que defenderon a invasión van dicir, xa o están dicindo, que a desfeita iraquí é debida ao atraso do pobo, á corrupción e a que son inimigos da nosa civilización. E o cinismo vai vir acompañado dunha amnesia xeral. (Derribo polas tropas de EEUU da estatua de Saddam Hussein trala caída de Bagdad o 9 de abril de 2003).
 

Empeza nos EEUU unha campaña de opinión co fin de botarlle as culpas aos iraquís do que lles está pasando: se non poden manterse en democracia, di Ralph Peters, "é a súa traxedia, non a nosa". Incluso Perle, ideólogo da invasión, di agora que, de ter sabido como foron indo as cousas, non a houbese apoiado.

A campaña xa se iniciou. De agora en diante os que defenderon a invasión van dicir, xa o están dicindo, que a desfeita iraquí é debida ao atraso do pobo, á corrupción e a que son inimigos da nosa civilización. E o cinismo vai vir acompañado dunha amnesia xeral.

Os británicos xa falan de deixar o sur do país dentro de seis meses. E entre as "novas ideas" que Bush agarda, parece que está tamén unha retirada, se ben non se sabe de que maneira. Falouse de que primeiro pasaría a seguridade a tres estados federados "kurdos, sunnitas e xiís" , pero non se decataron de que, na realidade, non é posible, pois uns e outros están mesturados nos tres territorios. Custaralle aos iraquís liberarse de tanta incompetencia.