Eleccións na Gran Bretaña

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO
Idiomas Galego

O resultado dos eleccións inglesas, para cubrir 640 escanos, non clarifica moito a situación: 306, ou o 36 por 100, para os conservadores; 258, o 29 por 100, para os laboristas, e 57, o 23 por 100, para os liberal demócratas. Hai aínda 28 escanos, ou sexa un 12 por 100, para “outros partidos”.

Ningunha cousa impide que Brown siga no seu posto. Só necesitaría acollerse a unha destas dúas opcións: ou gobernar en minoría –cousa que parece fóra de toda posibilidade real- ou chegar a concertos de goberno con outros partidos, en especial cos liberais de Clegg, tamén con certas dificultades.

Un concerto moi probable podería ser Cameron e Clegg, pero non podemos esquecer que o primeiro é euro escéptico e o segundo europeísta. Este esixiría a reforma da lei electoral –foi un tema da súa campaña electoral-, pero o segundo negaríase polos bos resultados que ten dado ao bipartidismo.

Tampouco é fácil o acordo entre laboristas e liberal demócratas, por máis que eminentes analistas sinalen que os dous xuntos acadaron o sesenta por cento dos votos, o que, en realidade, significa que representan o criterio maioritario do electorado da Gran Bretaña. Pero, claro é, pactar é o que mellor saben facer os ingleses.

O pacto é a máxima expresión da democracia. E, por difícil que sexa –que xa o está sendo-, todo indica que a máxima estabilidade política virá dun pacto –difícil, reiteramos- entre laboristas e liberal demócratas. Outro calquera, entre as varias opcións posibles, parécenos, salvo erro, afastado do expresado polos votantes.