patriot lanzamento01

Está preto o colapso da hexemonía americana?

Apartados xeográficos Estados Unidos ARCHIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
O declive económico, diplomático e cultural despraza ata o poderío militar as bases da hexemonía americana. Pero tamén neste aspecto xorden as alarmas. O Pentágono é unha vasta burocracia, ineficaz e corrupta, incapaz de sacar adiante unha nova xeración de armamentos. A tan xaleada superioridade tecnolóxica non é suficiente para controlar Afganistán e Iraq. E, o que é peor, esa superioridade tan clara hai dez anos, diminúe a ollos vista, grazas a unha Rusia disposta a proporcionar a prezos razoables, armamento de primeira calidade e grazas, por suposto, a que os avances tecnolóxicos están ao alcance de calquera país avanzado, disposto a conseguilos. Estados Unidos perde así o seu monopolio nos sistemas de aniquilación rápida e precisa, que tan bos resultados lles deu nas fáciles (e viles) guerras sen mortos (americanos) dos derradeiros anos. (Foto: lanzamento dun mísil "Patriot").
 

Hai tempo, cando as lexións americanas dispoñíanse a invadir Iraq, eu escribía noutras páxinas que esta aventura nos ía subliñar se estabamos ante o comezo dun novo século americano, ou ante o primeiro paso do rápido colapso da hiperpotencia. A estas alturas, empeza a confirmarse que a principal consecuencia da guerra de Iraq é o pronto declive do poder americano no mundo.

Os sinais do declive multiplícanse. Algúns veñen de lonxe, e agora se acentúan: a economía americana, noutro tempo sostén do desenvolvemento, enfángase hoxe nunha débeda en escalada. China convértese, por vez primeira, no número un entre os receptores do investimento internacional. O dólar, áncora do sistema económico mundial, empeza a ser unha moeda sospeitosa, susceptible de ser atacada por algún depredador tipo George Soros.

No plano diplomático, mentras hai poucos anos os países competían en servilismo cara os Estados Unidos, hoxe afirman alianzas e acordos sen contar con eles. Moi significativo ten sido o recente desmarque australiano ó respecto de Taiwán. O ministro de Asuntos Exteriores australiano Downer aclarou recentemente que, a pesares das insinuacións dos Estados Unidos, non existe acordo que obrigue a Australia a apoiar a ese país nun hipotético enfrontamento coa China continental. Por moito que os analistas estadounidenses insistan no xiro asiático da súa política internacional, o sistema de poder nese continente bascula cada vez máis en torno a China.

Este declive económico, diplomático e cultural despraza ata o poderío militar as bases da hexemonía americana. Pero tamén neste aspecto xorden as alarmas. O Pentágono é unha vasta burocracia, ineficaz e corrupta, incapaz de sacar adiante unha nova xeración de armamentos. A tan xaleada superioridade tecnolóxica non é suficiente para controlar Afganistán e Iraq. E, o que é peor, esa superioridade tan clara hai dez anos, diminúe a ollos vista, grazas a unha Rusia disposta a proporcionar a prezos razoables, armamento de primeira calidade e grazas, por suposto, a que os avances tecnolóxicos están ao alcance de calquera país avanzado, disposto a conseguilos. Estados Unidos perde así o seu monopolio nos sistemas de aniquilación rápida e precisa, que tan bos resultados lles deu nas fáciles (e viles) guerras sen mortos (americanos) dos derradeiros anos.

Non hai razóns para pensar que Europa saldrá gañando deste posíbel colapso. Os países da Europa Occidental veñen sendo, en realidade, uns privilexiados da hexemonía americana. Os "yanquis", aos que os europeos gustan de odiar, mantiveron unhas regras de xogo políticas e económicas que protexían e privilexiaban ós poderes da "vella Europa". Aqueles que soñan con que a decadencia dos Estados Unidos vai permitir a emerxencia dun poder alternativo en forma de Estados Unidos de Europa, van de todo desencamiñados.