España e Portugal están ligadas históricamente desde a chegada dos romanos séculos antes de Cristo ao que era a Iberia da época. As relacións extracomunitarias entre os dous países non foron sempre cordiais mais este artigo centrarase nas relacións entre os dous estados a partir da saída das dictaduras dos estados membros da Península Ibérica.
O maior cambio nestas relacións sucedeu a partir de 1986, cando ambas nacións pasaron a formar parte dunha das institucións económicas e políticas mais relevantes no mundo como é a Unión Europea. Pero o feito de que ambas entrase na Unión Europea e tamén na comunidade Iberoamericana, fixo que esas posibles tensións previas converteranse na oportunidade perfecta para unir os países tras séculos de desentendementos.
Tanto o español como o portugués comparten unha serie de características lingüísticas comúns debido a prover as dúas do latín. O feito de que sigan unhas normas gramaticais parecidas fai posible que a comunicación entre os castelán falantes e os lusófonos sexa posible. O caso do galego é interesante, xa que, a pesar de formar parte da vertente galaico-portuguesa (vertente que logo derivou nos dous idiomas galego e portugués) está dentro da oficialidade do estado español e non do estado portugués.
Dentro do mundo da filoloxía hai moitas preguntas arredor de se o galego e o portugués son dúas linguas diferentes ou son unha mesma lingua. A resposta a esta dúbida non é nada sinxela debido a que cadaquén ten unha posible interpretación, o único claro é que a resposta que atopas na legalidade por institucións como a Xunta de Galicia ou o propio Estado Español, é que o portugués, o galego e o español son linguas irmáns xa que teñen unha orixe común.
Galiza e o seu idioma constitúe un caso especial nas relacións entre España e Portugal, pola proximidade cultural, lingüística e identitaria co país lusófono. Unha das causas que fomentou as relacións entre Galiza e Portugal, foi o crecemento do pensamento reintegracionsita galego (corrente que sostén que o galego e portugués forman parte dun mesmo sistema lingüístico), e como este encontrou en Portugal e a lusofonía aliados, que axudan a recoñecer a súa identidade en Galicia e España.
No 2014, a Xunta de Galicia aprobou por unanimidade a Lei 1/2014 do 24 de marzo (filla dunha iniciativa popular impulsada polo reintegracionismo linguístico), máis coñecida como a Lei Valentín Paz Andrade, na que Galiza busca promover e fomentar o coñecemento de tanto a lingua como a cultura lusófona. Esta lei implementou medidas como a incorporación da lingua portuguesa nas aulas, ter relacións a todos os níveos cos países de fala portuguesa ou os intercambios de producións audiovisuais.
A creación de iniciativas como a mencionada previamente, é de interese internacional xa que isto pode dar pé a unha relación máis estreita entre os países e as sociedades. De feito, desde finais da década pasada, a Xunta de Galicia mantivo contacto directo coa CPLP, co fin de conseguir o status de observador asociado para a Comunidade Autónoma de Galicia, mais finalmente o propio Estado español decidiuse a presentar a súa propia candidatura, recoñecendo o especial papel de Galicia no mesmo. Foi no verán do 2021 cando España entrou como observador asociado na CPLP. O papel de Galicia en todo isto, máis alá do simbólico, está por determinarse.
Finalmente, podemos dicir que os tres idiomas comparten xa non só semellanzas a nivel lingüístico, senón que a súa relación ten unha estreita historia común. As relacións internacionais acadadas polos dous estados foron evolucionaron ata o que encontramos na actualidade: tres idiomas, dous estados e interés en ter unha relación próspera.