Mapa A Coruña global

Intelixencia colectiva: a mellor estratexia internacional

Recentemente o IGADI presentou una iniciativa visual para completar a estratexia internacional do Concello da Coruña. O mapa da Cidade Global é un instrumento estratéxico de posicionamento turístico, pero sobre todo unha ferramenta de intelixencia colectiva trasladada ao nivel internacional.

Como se pode definir este proceso? A teoría da (nova) diplomacia urbana que tratei na miña tese pode servir de guía a este proceso:

image 20

Diagrama da Nova Diplomacia Urbana (NDU) – fonte : Espiñeira-Guirao, 2022.

O elemento clave é o mandato local, a “misión operacional” que cada Concello ten impregnado no seu ADN. Influído por un factor externo (as políticas ou Axendas internacionais) e por un factor interno ( o “talento” da cidade), o mandato local vaise ver incitado cara as oportunidades internacionais.

Mais, que é este talento? E pode poñerse nun mapa?

No paradigma da nova diplomacia urbana entenderemos o talento coma a capacidade intelectual, individual e colectiva, de propor e de levar a cabo os proxectos da cidade na súa dimensión internacional.

A condición para que este talento funcione é que estea coordinado da maneira mais efectiva posible. Unha posición internacional forte precisa dunha economía de escala onde os esforzos de cada actor suman. Esta é precisamente a utilidade do mapa: harmonizar os esforzos globais dun punto de vista práctico, visual e flexible.

image 21

Mapa global da Coruña (2023) – fonte IGADI

Práctico porque grazas ao mapa non se precisa crear unha nova estrutura de participación ou un longo documento de coordinación local. O efecto visual do mapa pode resultar obvio ; mais cómpre salientar o seu impacto para os cidadáns e os actores locais (que fan seu o adxectivo “global”) e, por suposto, a influencia desta visualización nos niveis nacional e internacional. Finalmente, o mapa é flexible, pode modificarse segundo a evolución da cidade: un mapa sempre se pode camiñar!

Toda a información sobre as Bases de Acción Exterior da Coruña, mapa da cidade global incluído, atópase en www.acoruna.hub.gal.