Maduro na “lista negra” de Europa

As sancións da Unión Europea contra o presidente venezolano Nicolás Maduro e outros seis altos funcionarios gobernamentais afonda o illamento internacional dun goberno cuxa resposta inmediata foi o enroque político a través do anuncio de adianto dos comicios presidenciais a realizarse ante do próximo 30 de abril. Neste contexto, Maduro sopesa os efectos destas sancións internacionais toda vez acicala un novo status quo político e electoral en Venezuela, a través dun planeamento estratéxico establecido dentro do incerto diálogo coa oposición en Santo Domingo (República Dominicana). 

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina
Idiomas Galego

As sancións da Unión Europea contra o presidente venezolano Nicolás Maduro e outros seis altos funcionarios gobernamentais afonda o illamento internacional dun goberno cuxa resposta inmediata foi o enroque político a través do anuncio de adianto dos comicios presidenciais a realizarse ante do próximo 30 de abril. Neste contexto, Maduro sopesa os efectos destas sancións internacionais toda vez acicala un novo status quo político e electoral en Venezuela, a través dun planeamento estratéxico establecido dentro do incerto diálogo coa oposición en Santo Domingo (República Dominicana). 

Nun paso sen precedentes, o Servizo Europeo de Acción Exterior (SEAE) da Unión Europea anunciou o pasado 22 de xaneiro unha serie de sancións selectivas contra o presidente venezolano Nicolás Maduro, o vicepresidente Tarek El Aissami, o constituínte Diosdado Cabello, o  presidente do Tribunal Supremo de Xustiza (TSX), o maxistrado Maikel Moreno, a presidenta do Consello Nacional Electoral (CNE), Tibisay Lucena, o Fiscal Xeral designado pola Asemblea Nacional Constituínte (ANC), Tareck William Saab, e o ministro do Interior, Néstor Reverol.

Tamén ampliáronse estas sancións contra o director do aparato de intelixencia  SEBIN, Gustavo González López, o ex comandante da Garda Nacional Bolivariana (GNB), Antonio Benavides, así como outros gobernadores e alcaldes “chavistas”.

En outubro pasado, a UE decretara un embargo de venda de armamentos ao goberno venezolano. Pero as recentes sancións implican tamén a conxelación de activos e a prohibición de entrada dos sancionados nos 28 países membro da Unión Europea. Un aspecto chave tomando en conta os cuantiosos investimentos de altos cargos venezolanos en países como España así como de presuntos capitais no “paraíso fiscal” de Andorra, territorio extracomunitario asociado á UE.

Europa, Canadá e EUA

           As sancións europeas, que tiveron un especial impulso precisamente por parte do goberno español de Mariano Rajoy logrou finalmente o consenso tras certas resistencias por parte dos gobernos de Grecia e Portugal. Finalmente, e probablemente baixo presión de Bruxelas, os gobernos de Alexis Tsipras e de António Costa terminaron por aceptar a batería de sancións europeas contra o goberno de Maduro.

Estas sancións europeas complementan o illamento internacional no cal atópase inmerso Maduro. Con anterioridade, Canadá e EUA tamén foron actores chave na promulgación de sancións contra Caracas. En setembro, e tamén noutra decisión sen precedentes, Canadá decretou sancións contra aproximadamente 40 altos funcionarios venezolanos, con Maduro á cabeza e os outros funcionarios anteriormente mencionados, pero tamén ampliados contra a presidenta da ANC, Delcy Rodríguez e o ministro de Educación, Elías Jaua.

Pola súa banda, o pasado 1º de agosto, un día despois da elección da ANC, a administración de Donald Trump habíase enfocado principalmente en sancións financeiras contra Maduro e a estatal petroleira PDVSA. Esta ANC non é oficialmente recoñecida por 60 países, entre eles Canadá e EUA, así como a Unión Europea. En xaneiro de 2017, Washington promulgara a súa primeira lista de sancionados.

Ese mesmo mes de agosto, o Departamento do Tesouro estadounidense decretou que os bens que tivera Maduro en territorios baixo xurisdición estadounidense serían conxelados, prohibindo a persoas e institucións de EUA realizar transaccións co presidente venezolano. Washington tamén tiña nesa lista ao vicepresidente El Aissami, acusado de presuntas conexións co narcotráfico.

En declaracións da voceira da SEAE realizadas a semana pasada, Catherine Ray, o obxectivo das sancións finalmente decretadas esta semana era a de apoiar “o proceso de diálogo” entre goberno e oposición venezolana que desde comezos de ano lévase a cabo na capital dominicana Santo Domingo. Non obstante, este proceso de diálogo atópase entrampado, sen avances significativos, sumamente dependente de factores externos que gravitan con maior definición na crise venezolana, en particular un cúmulo de intereses flutuantes entre EUA, a UE, Rusia e China.

Por tanto, as sancións da UE poden ser observadas como unha medida disuasiva e de presión contra Maduro para acadar avances favorables aos intereses europeos e estadounidenses, similares aos da oposición venezolana. Estes teñen que ver coa liberación dos denominados “presos políticos” venezolanos, a designación dun novo CNE, a garantía de transparencia electoral e a apertura dunha canle humanitaria para Venezuela.

Polo contrario, as demandas de Maduro no diálogo coa oposición vérsanse precisamente no final das sancións internacionais, na aceptación da lexitimidade da ANC e da (re) legalización das formacións políticas opositoras de cara ás eleccións presidenciais.

Pero no só son EUA, Canadá e a UE as que sancionan a Maduro e o seu goberno. A eles podería engadirse o Grupo de Lima, reunido de emerxencia esta semana en Santiago de Chile para tratar a crise venezolana. Este grupo, que tampouco recoñece á ANC, xa anunciou como ilegal a convocatoria de adianto dos comicios presidenciais  en Venezuela realizado este 23 de xaneiro por parte da ANC.

O factor Óscar Pérez

A confusa pero non menos brutal operación policial realizada o pasado 15 de xaneiro e que terminou abatendo ao ex policía Óscar Pérez e os seus colaboradores, considerados polo goberno de Maduro como o “inimigo número 1” tras accións paramilitares realizadas desde mediados de 2017, foi un factor adicional que moi probablemente influíu na inmediata decisión da UE de establecer sancións contra o goberno de Maduro, así como de persuadir dentro do infrutuoso diálogo de Santo Domingo.

No caso de Óscar Pérez, ven sendo especialmente relevantes as activas denuncias realizadas polo disidente venezolano exiliado en España, Antonio Ledezma, a través dunha ampla axenda de contactos con varios gobernos europeos e latinoamericanos. Ledezma denunciou a posibilidade de que Maduro e varios funcionarios do seu goberno foran elevados ante o Tribunal Penal Internacional da Haia, acusados de presuntamente perpetrar un “crime de Estado” contra Pérez e os seus colaboradores.

Toda vez esta semana presentáronse disturbios e enfrontamentos en Caracas en protesta pola morte do ex policía, está por ver se o “caso Óscar Pérez” pode ter algún tipo de repercusión internacional para Maduro en materia de dereitos humanos así como dentro do contexto venezolano, fracturado pola alarmante crise socioeconómica e agora politicamente determinado polo anuncio de adianto de comicios presidenciais.

Adianto electoral como resposta ás sancións

A reacción do goberno de Maduro de frear pola vía diplomática as sancións internacionais tivo o seu especial significado no plano político e electoral en Venezuela, tralo anuncio por parte da ANC este 23 de xaneiro de adiantar os comicios presidenciais para antes do 30 de abril.

O encargado de dar este anuncio de adianto electoral ante a ANC foi o constituínte Diosdado Cabello, vicepresidente do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) e un dos mais altos cargos do goberno de Maduro recentemente incluído na “lista negra” da UE. Toda vez debátese en Venezuela cal é a facultade legal de Cabello e da ANC para realizar este anuncio que constitucionalmente correspóndelle ao CNE, o  propio Diosdado erixiuse como a figura visible deste anuncio lanzando á UE unha mensaxe categórica:“se queren sancións, nós facemos eleccións”.

Cabello instou igualmente a Maduro a contraatacar con sancións contra España, que poderían afectar intereses económicos españois presentes en Venezuela. Na mente están os investimentos no país caribeño de BBVA e Movistar. A comezos de 2018, o propio Cabello xa ameazara coa compra de Banesco, propiedade do empresario venezolano Juan Carlos Escotet, y que en Galicia ten activos financeiros a través de ABANCA e do desaparecido Banco Etcheverría.

O peso de Cabello nestes anuncios confirmaría a solidez da troika de poder “post-chavista” establecida desde 2013 con Maduro na presidencia e recentemente ampliada coa designación de Delcy Rodríguez como presidenta da ANC. Por tanto, o obxectivo deste adianto electoral supón a intención de Maduro e desta troika de establecer un enroque político estratéxico particularmente orientado a acometer os efectos das sancións internacionais, das incertezas sobre o futuro do diálogo de Santo Domingo e da certificación do traspaso de poder “post-castrista” en Cuba previsto para o próximo 19 de abril, a través do Congreso del Partido Comunista de Cuba. Un aspecto que, en principio, non afectará substancialmente a alianza estratéxica cubano-venezolana.

No transfondo deste anuncio de adianto electoral están igualmente establecidos outros contextos, en particular o futuro da candidatura presidencial de Lula da Silva en Brasil, e que ten un test xudicial decisivo esta semana en Brasil; e os comicios lexislativos e presidenciais colombianos a celebrarse entre marzo e maio, coa candidatura das FARC no tapete.

A hora do “madurismo”

Coa ANC como maquinaria política e legal, Maduro quere asestar con este adianto electoral a definitiva transición “post-chavista” a través da consolidación do “madurismo” e das súas estruturas de poder como a corrente política hexemónica herdeira do “chavismo”.

Para iso busca igualmente gañar espazos ante un contexto electoral latinoamericano 2018 no que pode alcanzar inesperadas ganancias políticas, especialmente ante o que poda suceder nos comicios de Colombia y Brasil coas candidaturas anteriormente mencionadas, e que lle permitan aliviar o illamento internacional trazado coas sancións de EUA e da UE.

Polo contrario, un xiro dereitista e conservador en Colombia e Brasil ante as candidaturas de signo “uribista” en Bogotá e ante a posibilidade de vitoria do candidato  ultradereitista Jair Bolsonaro nos comicios brasileiros de outubro próximo, significaría para Maduro a necesidade imperiosa de enrocarse no poder cuanto antes a través deste adianto electoral.

Paralelamente, o diálogo de Santo Domingo buscaría sentar as bases dun novo status quo político en Venezuela entre o goberno e unha oposición fragmentada e desmoralizada, na que a súa plataforma Mesa pola Unidade Democrática (MUD) vese practicamente desprazada do centro de gravitación político.

A diferenza da anunciada candidatura de Maduro, a oposición “post-MUD” vese dividida en canto ás candidaturas presidenciais, toda vez o proceso de (re) legalización das súas forzas políticas decretado en decembro pasado pola ANC, moi probablemente derivaría na prosecución dun novo establishment político favorable aos intereses do “madurismo”.

Recuperando a iniciativa política vía ANC e ante a desbandada opositora, Maduro ten elevadas posibilidades de reelección presidencial ata o 2024 traducidas neste adianto electoral. Buscando monopolizar o escenario sociolóxico do “chavismo” a través dunha corrente claramente “madurista”, o presidente venezolano agarda sortear os efectos da crise socioeconómica a través do fortalecemento de políticas de asistencia social vía estatal (bolsas CLAP, Carnet da Patria) e da eventual consecución do “Estado comunal” como estrutura de poder. 

Aínda que todos estes factores presentes no adianto electoral e nas sancións internacionais dependerán en gran medida da presión de intereses exteriores traducidos nos efectos do illamento internacional contra Maduro (e aos que a oposición venezolana encoméndase particularmente) pero que parcialmente vense aliviados polo apoio ruso e chinés a Maduro.

Paralelamente están as contrariedades económicas e financeiras nun 2018 crítico para Venezuela. A imparable hiperinflación, os progresivos riscos de default financeiro e a crise socioeconómica con visos de traxedia humanitaria derivados da escaseza alimentaria gravitarán igualmente como elementos de peso de cara aos próximos comicios presidenciais.