Mercado libre nuclear

A recente decisión do presidente Donald Trump de suspender o tratado sobre Mísiles de Alcance Medio e Corto (INF) subscrito en 1987 entre  EUA e a entón URSS  abre a veda  para retomar a carreira de proliferación nuclear sen ataduras, que varios aspirantes a potencia nuclear ansían desde fai décadas. Por contraproducente, Trump semella sumir ao mundo ante unha renovación da confrontación bipolar cunha Rusia hoxe mais fortalecida e decidida.

Liñas de investigación Relacione Internacionales
Apartados xeográficos Otros
Idiomas Galego

A recente decisión do presidente Donald Trump de suspender o tratado sobre Mísiles de Alcance Medio e Corto (INF) subscrito en 1987 entre  EUA e a entón URSS  abre a veda  para retomar a carreira de proliferación nuclear sen ataduras, que varios aspirantes a potencia nuclear ansían desde fai décadas. Por contraproducente, Trump semella sumir ao mundo ante unha renovación da confrontación bipolar cunha Rusia hoxe mais fortalecida e decidida.

Pero esta decisión non é só dirixida contra Moscova. Se ben as análises céntranse nas expectativas de Trump  por dinamitar  o sistema internacional vixente desde o final da II Guerra Mundial, da guerra fría e da posguerra fría trala disolución da URSS, a súa decisión evidencia aínda mais a incongruencia dunha política exterior carente de sentido  estratéxico.

Ábrese así un leitmotiv para a proliferación nuclear na que países considerados como “foraxidos” por Washington, como son os casos de Corea del Norte e Irán, poden sacar partido. Pero tamén para aspirantes a potencia nuclear, como Israel e Arabia Saudita, sen menoscabar o risco estratéxico que implicaría esta decisión dentro do conflito xeopolítico entre dúas potencias nucleares como India e Paquistán.

Pero os cálculos céntranse agora en Washington e Moscova. Para Rusia, o asunto é  capital, e pode xustificar con maior énfase os plans de modernización militar que adianta o presidente Vladimir Putin. O conflito de Ucraína e o retorno de Crimea á soberanía rusa reproduciron dalgún xeito un novo “pano de aceiro” no que EUA, a OTAN e Rusia xogan as súas cartas xeopolíticas nunha Europa desunida e ausente. E para Rusia ábrese agora unha oportunidade chave para reestruturar o equilibrio nuclear con outras potencias (China, India, Irán) deixando por fora a Washington.

Trump tamén pensa en chave electoral. As estratéxicas eleccións do mid-term pautadas para o próximo 6 de novembro renovarán a totalidade do Congreso estadounidense e un terzo do Senado, abrindo así as expectativas de reelección “trumpiana” para 2020. Romper o equilibrio nuclear con Rusia semella ser o efecto   desexado  por Trump   tanto   para   compracer   aos   “falcóns”   do  Pentágono como para sepultar calquera implicación da presunta trama rusa nas eleccións presidenciais 2016.