Tres mortos seguidos e os tres moi destacados (Basam Kabba, subsecretario de Asuntos Exteriores, Kamal Jarah, director de Relacións Culturais do Ministerio de Educación, e Ghazi al Talabani, xefe das instalacións petrolíferas de Kirkuk), á parte do atentado do día 17, con máis de corenta mortos, son bos avisos para o día 30 deste mes.
Está moi claro que os iraquís non van engulir o engado da suposta transferencia de soberanía. Pola sinxela razón de que nada real se transfire. A soberanía real son as forzas invasoras, tan inimigas da comunidade como os iraquís corruptos que se prestan a colaborar con elas.
A resistencia iraquí chegará a ser, coidamos, máis forte cada día, conforme se vaia vendo que a suposta transferencia de soberanía se reduce a unha operación cosmética, só boa para Bush e para o seu goberno de marionetas en Irak. Neste país nada vai cambiar para ir a mellor. Como en Afganistán, a corrupción apoderarase del. E tamén o terrorismo islamita. Negro porvir se albisca.